Hoxe xoves tivemos o obradoiro de ilustració n para os nenos e nenas de primeiro. o ilustrador suizo Marc Taeger díxonos que debuxar é moi fácil se o intentas, que non precisas que nin guén ch e ensine e para demostralo, púxose mans á obra. Un cacho de cartón ou cartolina, unha s ceras, facer un debuxo a recortar para facer unha enorme selva. Saiunos unha selva sorprendent e, chea de avións que a sobrevoaban, e mes mo algunha casiña edificada ilegalmente. O resultado foi este maremagnum de formas e cores que vedes aquí. Divididos en dous grupos, os 70 debuxantes adicaron hora e media ao esforzado traballo de imaxinar que podían poñer nesa xungla. Antes de marchar, Marc Taeger deixounos este bonito recordo no Libro de visitas da biblioteca para todo o alumnado do colexio.