Recordades que hai un tempo os nenos e nenas da profesora Ana escribíronlle unha carta a Rufina? A pobre andaba cun pouco de catarro, como o inverno veu con tanta auga e a calefacción do colexio anda así, así (a caldeira está velliña) , colleu un resfriado e non estaba para contestarlles. Despois de recuperarse e ler a carta tan bonita que lle escribiron, foi á librería a buscar os contos de princesas que lles pediron e que a profe Natalia lles vai ler. O outro día recibiron moi contentos a resposta de Rufina. Dicía que lle costara moito traballo atopar contos de princesas, pero que podían ver no paquete os que mercara. Para despedirse, Rufina deixounos bicos grandes coma nubes e bicas doce coma o chocolate para todos. Ao abrir o paquete había dous contos titulados "El pequeño rey de las flores" e "A princesa do Courel". O malo foi que había tantos nervios que mesmo desapareceu un libro e non atopabamos por ningún lado, sorte que a profesora Asun díxonos onde o dei
CEIP Reibón (Moaña)