A semana pasado visitáronnos dous autores dos libros que están a ler os alumnos e alumnas de cuarto de primaria. Héctor Cajaraville, autor de "Quen dá a quenda?" e David Pintor ou Pinto, ilustrador de "Cámbiache o conto", un libro que fixo a medias con Carlos López, autor tamén de Isela, o último título que estamos a traballar. David díxonos que estaba moi contento de vir a Reibón porque aquí traballaron os pais da súa muller, e por iso cando lle dixeron de vir non dubidou un segundo en aceptar a nosa invitación. Os dous recibiron un feixe de preguntas sobre como se decidiron a facerse escritor e ilustrador, os seus libros preferidos... e por suposto, asinaron os libros.