O laboratorio tolo de Samaín! 🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃

Ola, pequenos aprendices de meig@s! Son Rufina, e esta vez non vos escribo dende a biblioteca… senón dende un laboratorio cheo de burbullas, cores e algunha que outra cabaza curiosa!

Durante o mes de outubro, o noso colexio convertiuse nun auténtico Laboratorio Tolo, onde fixemos experimentos arrepiantemente divertidos....

Mesturamos líquidos misteriosos e… puff! Apareceron cores que brillaban como por maxia!

Nun cunco máxico cheo de ollos que subían coa escuma coma se tiveran vida propia!

 


Rufina xa está pensando en levar algunhas destas receitas máxicas á biblioteca… quen sabe o que pode pasar se as mesturamos cun bo libro de maxia!


 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O noso cómic xa está aquí!