Como chegan os titiriteiros, seguindo o rumbo dos seus pés, chegou Rodorín á nosa Escola. Debía ser que traía calcetíns de la salvaxe porque en lugar de ir a Pontevedra, que era onde tiña unha cita co Salón do Libro Infantil, os pasos torcidos trouxérono a Reibón. Como algúns coñeciamos o seu magnífico traballo de titiriteiro-contador-recitador-animador (Ufff, case me quedo sen respiración!) en gran cantidade de Escolas de Verán, Salóns e Feiras do Libro e Festivais tanto en España como noutros países, non lle permitimos que marchase e encerrámolo na biblioteca para que nos contase algunhas das marabillosas historias que tan ben coñece. Historias de lugares onde todo era de papel, de campaíñas convertidas en ratiñas presumidas e cascabeis que eran galos cantareiros; de granxeiros que poñían en orde todos os animais da súa granxa, etc. 5º, 6º de infantil e 1º de primaria tivemos a sorte de disfrutar coa presenza deste extraordinario animador, unha sorte. Participa e cóntanos cal
CEIP Reibón (Moaña)