Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2024

NOVEMBRO, O MES DA CIENCIA!!

Imaxe
No marco do Mes da Ciencia, os noso alumnado mergullouse no fascinante mundo da ciencia realizando experimentos que lles permitiron explorar conceptos fundamentais de física de maneira práctica e divertida. O alumnado puido observar e comprender mellor fenómenos como a electricidade e a gravidade.   Un dos experimentos consistiu en conectar cables a diferentes fontes de enerxía para acender luces. A través deste experimento, os estudantes aprenderon os principios básicos da electricidade, como a importancia dos circuitos e a relación entre condutores e illantes. Viron como a corrente eléctrica circula a través dos cables e activan os dispositivos, o que lles permitiu entender mellor a forma na que se distribúe a enerxía no noso día a día. Este tipo de experimentos fan que o alumnado disfrute da ciencia, promove a súa curiosidade, a resolución de problemas e o traballo en equipo. Ao final de cada actividade, o alumnado comparte as súas observacións e conclusións, o que fomenta a ref...

OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

Imaxe
  Este curso, no Colexio de Reibón, o proxecto educativo baseado nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) arrincou cunha actividade lúdica e educativa que puxo ao alumnado a investigar, pensar e moverse por todo o colexio. A biblioteca, como centro de recursos e aprendizaxe, foi o punto de partida dun xogo de preguntas que guiou aos nenos e nenas a descubrir os 17 ODS a través de pistas agochadas en diferentes recunchos do centro. Un dos grandes éxitos desta actividade foi o fomento do traballo colaborativo. O alumnado tiña que resolver as preguntas xuntos, escoitarse e debater sobre as mellores solucións. Isto reforzou valores como o compañeirismo, o respecto polas opinións dos demais e a capacidade de tomar decisións en equipo, todos eles fundamentais para a construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria, que é precisamente o que buscan os ODS. Unha vez rematado o percorrido por todas as pistas, os equipos regresaron para a última tarefa: unir todo o aprendid...

DEBUXOS TERRORÍFICOS!!

 OS DEBUXOS DE TODOS/AS ESTÁN EXPOSTOS NA CRISTALERA DO COLE!!! Podedes ir velos e botarlle unha ollada !!! 👀 🎃🎃👻👻💀💀

XA TEMOS GAÑADORES/AS DO CONCURSO DE DEBUXO!!

Imaxe
Aquí tedes os debuxos dos gañadores e gañadoras do "Concurso de debuxo terrorífico"   Moitas grazas por participar!!!   😍  😍  😍  😍  😍  😍 LAIA, 5 ANOS A                                                          VERA, 2ºB                                                                                                                                                                         ...

CLUBES DE LECTURA

  Proximamente comezarán os Clubes de lectura!!! 😀 Anotádevos canto antes!!⏳ podedes deixar unha carta no buzón da biblio!!   Sería xenial que vos animárades a participar!! 👌👌👌 Comezará o venres 8 de novembro na hora de ler, 5º, 6º e 4º de Primaria e a seguinte semana 2º e 3º!!

XA QUEDA MENOS PARA SAMAÍN!!!

Imaxe
E coa chegada do Samaín temos un   CONCURSO DE DEBUXO TERRORÍFICO!!! 💀🎃💀👻👻👾    Deixámosvos as instruccións para participar!!! Haberá un agasallo para o gañador/a de cada ciclo!!! 😀 Os debuxos dos gañadores/as e o de todos/as os participantes publicaranse no blog na próxima semana!! ASÍ QUE... ANIMÁDEVOS!!!!  Ademais na biblio temos un estante con libros de Samaín súper divertidos que dan moito medo !! 💀👻👹👾💀😁  Votádelle unha ollada 👀 🎃💀ATRÉVESTE A LELOS...?💀 🎃

Bibliopatio

Imaxe
Este curso ademais comezamos cun montón de axudantes de biblioteca de todas as idades. Eles e elas son os/as encargados/as de sacar os libros ao patio do recreo. É o noso bibliopatio!

Comezamos!

Imaxe
As nosas mochilas viaxeiras xa iniciaron a súa andaina e están a percorrer as casas do noso alumnado. Agardamos que todos e todas as gocedes!