Publicacións

Cita a cegas cun libro 📖

Imaxe
  Bo día! O 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro cunha actividade moi especial. Grazas aos libros de espurgo do cole, empaquetamos exemplares sen máis pistas… para que cada neno e nena recibise un libro por sorpresa. A maxia estivo en desenvolvelo e descubrir que historia lles agardaba dentro. Feliz Día do Libro e felices lecturas!

Rufina invita a aprender sobre saúde oral 😁 ✨ 😬 💧 😷 🍎

Imaxe
  Rufina trouxo ao cole ao alumnado do CIFP Manuel Antonio , que está a cursar o ciclo de Hixiene Bucodental, para compartir unha actividade moi especial co alumnado de 3, 4 e 5 anos de Infantil e 1º de Primaria. Os rapaces e rapazas visitantes presentaron con moita ilusión esta iniciativa e prepararon unha explicación interactiva, xogos e actividades sobre saúde oral. O alumnado aprendeu a eliminar bacterias, identificar hábitos prexudiciais e mellorar a técnica do cepillado dental. Moitas grazas a Rufina e ao alumnado do CIFP Manuel Antonio por axudarnos a coidar o noso sorriso!

🧼♻️ Obradoiro de xabón con aceite usado

Imaxe
  O alumnado maior do centro participou nun interesante obradoiro no que aprenderon a elaborar xabón a partir de aceite usado. Durante a actividade, descubriron como reciclar este residuo doméstico dándolle unha nova vida, ao tempo que reflexionaron sobre a importancia de coidar o medio ambiente e reducir a contaminación. Foi unha experiencia práctica e moi útil, na que combinaron aprendizaxe, sustentabilidade e creatividade. 🌱✨

📻✨ A radio escolar chega ao recreo 🎧

Imaxe
  O alumnado de Reibón participou nunha actividade moi especial: a gravación de contidos na radio escolar, que posteriormente foron reproducidos durante o recreo para todo o cole. Grazas ao seu traballo, os máis pequenos puideron gozar dun audioconto elaborado polos compañeiros e compañeiras maiores, vivindo un momento cheo de ilusión e atención. Ademais de aprender a manexar a radio do centro, o alumnado de 5º tamén tivo a oportunidade de visitar a emisora de Cadena SER , coñecendo de primeira man como funciona unha radio profesional.

📚🎤 Concurso “Deslínguate!”

Imaxe
  Participa no concurso Deslínguate! , unha iniciativa que promove a lectura e a interpretación de textos en galego dunha forma creativa e divertida. O alumnado poderá presentar ata dous textos por aula, xa sexa de maneira individual ou en grupo, cunha duración máxima de 3 minutos. Un dos requisitos principais é que os textos sexan en galego, poñendo así en valor a nosa lingua. Este concurso é unha gran oportunidade para traballar a expresión oral, a comprensión lectora e a creatividade, ademais de fomentar o gusto pola lectura. Animamos a todo o alumnado a participar e a demostrar que… a súa voz conta! 🎙️✨ (O premio… polo de agora, segue sendo segredo 😉)

🎤🥖 Obradoiro de regueifas en 5º

Imaxe
    O alumnado de 5º participou nun divertido obradoiro de regueifas da man de Pinto de Herbón e Luis o Caruncho . Durante a actividade, aprenderon a improvisar versos con ritmo e humor, coñecendo de preto esta tradición da nosa cultura. Despois de escoitar aos mestres, animáronse a crear as súas propias regueifas, demostrando moita creatividade e ganas de participar.

Recollida de lixo na praia da Xunqueira 🗑️ ♻️ 🌍

Imaxe