📚🎤 Concurso “Deslínguate!”

 


Participa no concurso Deslínguate!, unha iniciativa que promove a lectura e a interpretación de textos en galego dunha forma creativa e divertida.

O alumnado poderá presentar ata dous textos por aula, xa sexa de maneira individual ou en grupo, cunha duración máxima de 3 minutos. Un dos requisitos principais é que os textos sexan en galego, poñendo así en valor a nosa lingua.

Este concurso é unha gran oportunidade para traballar a expresión oral, a comprensión lectora e a creatividade, ademais de fomentar o gusto pola lectura.

Animamos a todo o alumnado a participar e a demostrar que… a súa voz conta! 🎙️✨

(O premio… polo de agora, segue sendo segredo 😉)

Comentarios