A nosa biblioteca volve a abrir as súas portas para os usuarios na hora do recreo. Iso si, será seguindo unha serie de normas: 1. Antes de entrar, bota hidroxel para desinfectar as túas mans. 2. Usa sempre mascarilla e garda as distancias con outros usuarios. 3. Usa a porta de saída para marchar, non te confundas! 4. Este é o día que podes ir: - Se es de 2º, os luns. - Se es de 3º, os martes. - Se es de 4º, os mércores. - Se es de 5º, os xoves. - Se es de 6º, os venres. Ademais, o día 7 teremos a primeira reunión do "Club de lectura" de 5º; e o día 8, a primeira reunión do "Club de lectura" de 6º. Anímate a participar!