Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2022

Familias lectoras

 Ola familias! A semana pasada enviouse un folleto para anotarse no grupo de familias lectoras que se está a formar no centro para compartir tempo de lectura cos nosos fillos e fillas, e para realizar algunha reunión para compartir experiencias entre familias. Se aínda non vos animástedes, ou se cambiástedes de idea e xa non tedes o tríptico, imprimídeo desde aquí .  Agardámosvos!

O mes da paz

Imaxe
 O día 30 de xaneiro celébrase o día da paz e a non violencia, e desde a reibónteca quixemos poñer á disposición dos usuarios e usuarias unha serie de lecturas que traballan a paz desde diferentes ámbitos. Achegádevos ao noso recuncho, xa que o manteremos unha semana máis!

Feliz ano!

 Bo día e Feliz ano novo 2022. Iniciamos o ano lembrando as recomendacións do Nadal, xa que, segundo nos comentástedes, algúns boletíns foron extraviados. Aquí vos queda o enlace ás nosas recomendacións.  Recomendacións