Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2021

Familias lectoras

Queridas familias: Todos sabemos o importante que é ler desde ben cativos. Por iso, dentro da biblioteca queremos potenciar esta actividade en familia. Para iso propoñémosvos que vos gravedes,  en audio ou vídeo, lendo cos vosos fillos e fillas, e nolo  enviedes ao correo da  biblioteca: bibliotecadereibon@gmail.com .  Subiremos estes vídeos ao noso blog para que todos podamos gozar deles. Pedimos que non supere os dous minutos e medio (aprox.) para poder subilos sen dificultade. Moitas grazas por participar! Equipo da biblioteca

Unha biblioteca de medo

Imaxe
 Grazas ao alumnado colaborador da biblioteca, este engalanouse para o Samaín...   Lembrade que podedes aceder ás nosas lecturas recomendadas ao longo de todo o curso, pero desde a semana pasada e ao longo de toda esta, poderedes coller uns libros "de medo" no estante do terror.

Club de lectura "Canto contas"

Imaxe
 As mestras e mestres de Reibón tamén deron inicio ao seu "Club de lectura". Co nome de "Canto contas", o pasado xoves á tarde fíxose a primeira reunión, onde establecemos a nosa folla de ruta e iniciamos as nosas lecturas. Aquí unha pequena mostra de todas as que somos!

Unhas recomendacións de medo!

 O club de lectura de mestres tamén se pon a funcionar, e quere facervos unhas recomendacións... de medo! PINCHA AQUÍ  

Cesións temporais!

Imaxe
 A partires de hoxe, e durante aproximadamente un mes, disporemos na biblioteca dun escornabot e unha colección de libros de banda deseñada, cedida polo CFR de Vigo. Aprobeitade a ocasión!

Club de lectura

Imaxe
 O pasado xoves e o venres iniciamos os nosos clubs de lectura de 5º e 6º. Establecemos os nosos obxectivos e xeito de funcionar e iniciamos co noso primeiro libro seleccionado: - Club de 5º: Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure. - Club de 6º: As bruxas, de Roald Dhal. O Rufi Club A próxima reunión: o 28 e 29, para 5º e 6º, respectivamente.
Imaxe
  ARRANCAMOS!!!  Hoxe póñense en marcha as nosas mochilas viaxeiras. A partir de hoxe cada grupo terá a súa mochila chea de libros, que irá viaxando polos vosos fogares de mércores a luns. O martes quedará en corentena, descansando, para volver a arrancar con enerxía e a unha nova casa o mércores.  Como a semana que ven non hai clase o luns nin o martes, tráea á escola o mércores e marchará o xoves. Tatádeas co mesmo cariño co que as preparamos e deixádenos os vosos comentarios, debuxos, escritos... no caderno en branco que levades. Desfrutádeas!

RECREOS NA BIBLIO

 A nosa biblioteca volve a abrir as súas portas para os usuarios na hora do recreo. Iso si, será seguindo unha serie de normas:  1. Antes de entrar, bota hidroxel para desinfectar as túas mans. 2. Usa sempre mascarilla e garda as distancias con outros usuarios. 3. Usa a porta de saída para marchar, non te confundas! 4. Este é o día que podes ir:     - Se es de 2º, os luns.     - Se es de 3º, os martes.     - Se es de 4º, os mércores.     - Se es de 5º, os xoves.     - Se es de 6º, os venres. Ademais, o día 7 teremos a primeira reunión do "Club de lectura" de 5º; e o día 8, a primeira reunión do "Club de lectura" de 6º. Anímate a participar!

Iniciamos o curso

Imaxe
  Ola familias! Volvemos á biblioteca do centro.  As horas de atención ás familias son os luns e mércores de 9:15 a 10:00, agardamos á túa visita!

PREMIADOS CONCURSO LITERARIO. PARABÉNS!!!!

Imaxe
  GAÑADORES DO 1º CICLO PRIMEIRO PREMIO                                             ARI FERVENZA                                      SEGUNDO PREMIO                                                       DANIEL PIÑEIRO                                          GAÑADORES DO 2º CICLO                  PRIMEIRO PREMIO                    LUCÍA CURIESES   SEGUNDO PREMIO                                                          HUGO SOLLA                                                                    GAÑADORES DO 3º CICLO PRIMEIRO PREMIO                                                AROA CURRÁS                                                   RUBÉN SOUTO    SEGUNDO PREMIO                                   

CONCURSO LITERARIO. ANÍMATE A PARTICIPAR

Imaxe
 

ROSALIA DE CASTRO EN MOAÑA

 Cantando os Cantares: Marcos Acuña achega a Rosalía a todos os colexios de Moaña

AS MELLORES APPS INSPIRADAS EN CONTOS MOI FAMOSOS

Imaxe
 AS MELLORES APPS INSPIRADAS EN CONTOS MOI FAMOSOS