Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2026

Rufina invita a aprender sobre saúde oral 😁 ✨ 😬 💧 😷 🍎

Imaxe
  Rufina trouxo ao cole ao alumnado do CIFP Manuel Antonio , que está a cursar o ciclo de Hixiene Bucodental, para compartir unha actividade moi especial co alumnado de 3, 4 e 5 anos de Infantil e 1º de Primaria. Os rapaces e rapazas visitantes presentaron con moita ilusión esta iniciativa e prepararon unha explicación interactiva, xogos e actividades sobre saúde oral. O alumnado aprendeu a eliminar bacterias, identificar hábitos prexudiciais e mellorar a técnica do cepillado dental. Moitas grazas a Rufina e ao alumnado do CIFP Manuel Antonio por axudarnos a coidar o noso sorriso!

🧼♻️ Obradoiro de xabón con aceite usado

Imaxe
  O alumnado maior do centro participou nun interesante obradoiro no que aprenderon a elaborar xabón a partir de aceite usado. Durante a actividade, descubriron como reciclar este residuo doméstico dándolle unha nova vida, ao tempo que reflexionaron sobre a importancia de coidar o medio ambiente e reducir a contaminación. Foi unha experiencia práctica e moi útil, na que combinaron aprendizaxe, sustentabilidade e creatividade. 🌱✨

📻✨ A radio escolar chega ao recreo 🎧

Imaxe
  O alumnado de Reibón participou nunha actividade moi especial: a gravación de contidos na radio escolar, que posteriormente foron reproducidos durante o recreo para todo o cole. Grazas ao seu traballo, os máis pequenos puideron gozar dun audioconto elaborado polos compañeiros e compañeiras maiores, vivindo un momento cheo de ilusión e atención. Ademais de aprender a manexar a radio do centro, o alumnado de 5º tamén tivo a oportunidade de visitar a emisora de Cadena SER , coñecendo de primeira man como funciona unha radio profesional.

📚🎤 Concurso “Deslínguate!”

Imaxe
  Participa no concurso Deslínguate! , unha iniciativa que promove a lectura e a interpretación de textos en galego dunha forma creativa e divertida. O alumnado poderá presentar ata dous textos por aula, xa sexa de maneira individual ou en grupo, cunha duración máxima de 3 minutos. Un dos requisitos principais é que os textos sexan en galego, poñendo así en valor a nosa lingua. Este concurso é unha gran oportunidade para traballar a expresión oral, a comprensión lectora e a creatividade, ademais de fomentar o gusto pola lectura. Animamos a todo o alumnado a participar e a demostrar que… a súa voz conta! 🎙️✨ (O premio… polo de agora, segue sendo segredo 😉)

🎤🥖 Obradoiro de regueifas en 5º

Imaxe
    O alumnado de 5º participou nun divertido obradoiro de regueifas da man de Pinto de Herbón e Luis o Caruncho . Durante a actividade, aprenderon a improvisar versos con ritmo e humor, coñecendo de preto esta tradición da nosa cultura. Despois de escoitar aos mestres, animáronse a crear as súas propias regueifas, demostrando moita creatividade e ganas de participar.

Recollida de lixo na praia da Xunqueira 🗑️ ♻️ 🌍

Imaxe
     

Visita á casa de Rosalía de Castro 🌿📖✒️

Imaxe
  O alumnado de 5º curso realizou unha visita á Casa de Rosalía de Castro , un lugar cheo de historia e emoción onde puideron achegarse á vida e á obra dunha das figuras máis importantes da nosa literatura, Rosalía de Castro . Durante o percorrido, descubriron como Rosalía contribuíu a dar valor e dignidade á lingua galega nun tempo no que non era habitual empregala na escrita. Grazas a autoras e autores coma ela, hoxe podemos gozar do galego tamén nos libros, nas bibliotecas e na nosa vida diaria. Esta experiencia serviulles para entender mellor a importancia da lectura e da conservación da nosa lingua, un labor no que as bibliotecas xogan un papel fundamental: gardar, compartir e manter viva a nosa cultura.

🌈 Facendo maxia coa ciencia: o arco da densidade 🌈

Imaxe
  Agora toca confirmar que a ciencia tamén pode ser… fermosa. Nesta ocasión, propuxémonos un reto: crear un arco da vella usando só auga, sal e colorante. Parece sinxelo, verdade? Pero detrás desta mestura agochábase un principio moi interesante: "a densidade". Traballamos con varios recipientes e fomos preparando augas con distintas cantidades de sal. Despois… chegou o momento de engadir cor. Cada mestura tiña unha densidade diferente, e ao vertelas con coidado, observamos algo sorprendente: as cores non se mesturaban ao azar, senón que se colocaban en capas. Porque ás veces, para entender o mundo… só hai que mesturar curiosidade, cor e un chisco de sal.

✨ ✨✨✨Os desexos do cole: atreverse a imaxinarse mellor!! ✨✨✨✨

Imaxe
  No Día de Loito do cole vivimos un momento especial, deses que non fan ruído pero que deixan pegada. Seguindo os mandatos de Rufina, a nosa querida mascota da biblioteca, o equipo de CreativE puxo en marcha unha proposta diferente: abrir un espazo para escoitar ao alumnado. Un espazo para parar, pensar… e imaxinar. Porque ás veces, entre horarios, tarefas e présas, esquecemos algo importante: o cole tamén se constrúe cos soños de quen o habita cada día. Así naceu esta actividade: unha invitación para que cada neno e nena puidese expresar como lle gustaría que fose o noso cole. Que cambiarían? Que coidarían máis? Que lles faría sentir mellor? Que desexan para o presente… e para o futuro? E esta, sen dúbida, é a historia dun cole que se atreve a imaxinarse mellor.

Chega o Entroido!!! 🎭 🎉 🎊 🤡 🎈 🦒 🎭 🎉 🎊 🎭 🎉 🎊 🎭 🎉 🎊

Imaxe
 

Día escolar da Non Violencia e da Paz 🌍✌️🕊️❤️ ☮️ 🌍✌️🕊️❤️ ☮️ 🌍✌️🕊️❤️☮️

Imaxe
  No Día Escolar da Non Violencia e da Paz todo o alumnado participou nunha actividade común moi especial. Cada neno e nena coloreou o seu propio corazón , enchéndoo de cores que representan o respecto, a amizade e a convivencia. Todos estes corazóns xuntos poden verse na entrada do cole xunto con Rufina , formando un mural cheo de vida que nos lembra que a paz constrúese día a día, con pequenos xestos e coa participación de todas e todos. Porque todos e todas estamos conectadas/os, respectémonos! Feliz día da paz 2026 🌍✌️🕊️❤️☮️  

🎒 Visita do alumnado de 6º ao IES As Barxas 🎒✨💙🎒✨💙🎒✨💙🎒✨💙🎒✨💙

Imaxe
  O alumnado de 6º de Primaria realizou estes días a súa visita ao IES As Barxas , unha experiencia moi esperada que viviron con moita ilusión. Portáronse de marabilla e gozaron ao máximo da xornada , coñecendo novos espazos e achegándose un pouco máis á que será a súa próxima etapa educativa. Houbo tempo tamén para repoñer forzas cun chocolate quente e un bocadillo de tortilla , facendo da visita un día aínda máis especial. Que rápido medran… En poucos meses xa estarán no instituto. Un paso importante que comezarán con ilusión e moitas ganas  

Recreos chuviosos 🌧️ 🌧️ 🌧️ 🌧️ 🌧️ 🌧️ 🌧️ 🌧️ 🌧️

Imaxe
  Cando a chuvia non nos permite disfrutar do patio, os recreos trasládanse á biblioteca e á aula de polo creativos , que se converten en espazos de encontro, xogo e creatividade. Alí, o alumnado pode gozar de xogos de mesa variados, xogos de construción e actividades tranquilas , como debuxar ou facer puzles. KApla, Doble, pezas magnéticas, puzles… son só algúns exemplos dos materiais cos que os nenos e nenas comparten tempo, cooperan e deixan voar a imaxinación. Unha alternativa perfecta para seguir desfrutando do recreo, tamén nos días grises ☔📚