Día escolar da Non Violencia e da Paz 🌍✌️🕊️❤️ ☮️ 🌍✌️🕊️❤️ ☮️ 🌍✌️🕊️❤️☮️
No Día Escolar da Non Violencia e da Paz todo o alumnado participou nunha actividade común moi especial. Cada neno e nena coloreou o seu propio corazón, enchéndoo de cores que representan o respecto, a amizade e a convivencia.
Todos estes corazóns xuntos poden verse na entrada do cole xunto con Rufina, formando un mural cheo de vida que nos lembra que a paz constrúese día a día, con pequenos xestos e coa participación de todas e todos.
Porque todos e todas estamos conectadas/os, respectémonos! Feliz día da paz 2026 🌍✌️🕊️❤️☮️

Comentarios
Publicar un comentario