Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2024

NOVEMBRO, O MES DA CIENCIA!!

Imaxe
No marco do Mes da Ciencia, os noso alumnado mergullouse no fascinante mundo da ciencia realizando experimentos que lles permitiron explorar conceptos fundamentais de física de maneira práctica e divertida. O alumnado puido observar e comprender mellor fenómenos como a electricidade e a gravidade.   Un dos experimentos consistiu en conectar cables a diferentes fontes de enerxía para acender luces. A través deste experimento, os estudantes aprenderon os principios básicos da electricidade, como a importancia dos circuitos e a relación entre condutores e illantes. Viron como a corrente eléctrica circula a través dos cables e activan os dispositivos, o que lles permitiu entender mellor a forma na que se distribúe a enerxía no noso día a día. Este tipo de experimentos fan que o alumnado disfrute da ciencia, promove a súa curiosidade, a resolución de problemas e o traballo en equipo. Ao final de cada actividade, o alumnado comparte as súas observacións e conclusións, o que fomenta a ref...

OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

Imaxe
  Este curso, no Colexio de Reibón, o proxecto educativo baseado nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) arrincou cunha actividade lúdica e educativa que puxo ao alumnado a investigar, pensar e moverse por todo o colexio. A biblioteca, como centro de recursos e aprendizaxe, foi o punto de partida dun xogo de preguntas que guiou aos nenos e nenas a descubrir os 17 ODS a través de pistas agochadas en diferentes recunchos do centro. Un dos grandes éxitos desta actividade foi o fomento do traballo colaborativo. O alumnado tiña que resolver as preguntas xuntos, escoitarse e debater sobre as mellores solucións. Isto reforzou valores como o compañeirismo, o respecto polas opinións dos demais e a capacidade de tomar decisións en equipo, todos eles fundamentais para a construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria, que é precisamente o que buscan os ODS. Unha vez rematado o percorrido por todas as pistas, os equipos regresaron para a última tarefa: unir todo o aprendid...