NOVEMBRO, O MES DA CIENCIA!!

No marco do Mes da Ciencia, os noso alumnado mergullouse no fascinante mundo da ciencia realizando experimentos que lles permitiron explorar conceptos fundamentais de física de maneira práctica e divertida.

O alumnado puido observar e comprender mellor fenómenos como a electricidade e a gravidade.


 

Un dos experimentos consistiu en conectar cables a diferentes fontes de enerxía para acender luces. A través deste experimento, os estudantes aprenderon os principios básicos da electricidade, como a importancia dos circuitos e a relación entre condutores e illantes. Viron como a corrente eléctrica circula a través dos cables e activan os dispositivos, o que lles permitiu entender mellor a forma na que se distribúe a enerxía no noso día a día.

Este tipo de experimentos fan que o alumnado disfrute da ciencia, promove a súa curiosidade, a resolución de problemas e o traballo en equipo. Ao final de cada actividade, o alumnado comparte as súas observacións e conclusións, o que fomenta a reflexión colectiva e a mellora continua das súas habilidades científicas.

 A biblioteca transfórmase así nun auténtico laboratorio de aprendizaxe, onde o alumnado pode realizar os seus experimentos, compartir ideas e discutir as súas observacións de forma colaborativa.

 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

XA QUEDA MENOS PARA SAMAÍN!!!

XA TEMOS GAÑADORES/AS DO CONCURSO DE DEBUXO!!