🎒 Visita do alumnado de 6º ao IES As Barxas 🎒✨💙🎒✨💙🎒✨💙🎒✨💙🎒✨💙

 

O alumnado de 6º de Primaria realizou estes días a súa visita ao IES As Barxas, unha experiencia moi esperada que viviron con moita ilusión. Portáronse de marabilla e gozaron ao máximo da xornada, coñecendo novos espazos e achegándose un pouco máis á que será a súa próxima etapa educativa.

Houbo tempo tamén para repoñer forzas cun chocolate quente e un bocadillo de tortilla, facendo da visita un día aínda máis especial.
Que rápido medran… En poucos meses xa estarán no instituto. Un paso importante que comezarán con ilusión e moitas ganas

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog