Rufina invita a aprender sobre saúde oral 😁 ✨ 😬 💧 😷 🍎
Rufina trouxo ao cole ao alumnado do CIFP Manuel Antonio, que está a cursar o ciclo de Hixiene Bucodental, para compartir unha actividade moi especial co alumnado de 3, 4 e 5 anos de Infantil e 1º de Primaria.
Os rapaces e rapazas visitantes presentaron con moita ilusión esta iniciativa e prepararon unha explicación interactiva, xogos e actividades sobre saúde oral. O alumnado aprendeu a eliminar bacterias, identificar hábitos prexudiciais e mellorar a técnica do cepillado dental.
Moitas grazas a Rufina e ao alumnado do CIFP Manuel Antonio por axudarnos a coidar o noso sorriso!

Comentarios
Publicar un comentario