📻✨ A radio escolar chega ao recreo 🎧
O alumnado de Reibón participou nunha actividade moi especial: a gravación de contidos na radio escolar, que posteriormente foron reproducidos durante o recreo para todo o cole.
Grazas ao seu traballo, os máis pequenos puideron gozar dun audioconto elaborado polos compañeiros e compañeiras maiores, vivindo un momento cheo de ilusión e atención.
Ademais de aprender a manexar a radio do centro, o alumnado de 5º tamén tivo a oportunidade de visitar a emisora de Cadena SER, coñecendo de primeira man como funciona unha radio profesional.
.jpg)
.jpg)
.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario