O 23 de abril foi o día do libro e aínda que non tiñamos previsto celebrar ningunha actividade especial ese día porque levamos varias semanas con actividades, finalmente decidimos celebralo contando un conto en inglés (Para iso celebramos que ese día tamén morreu Shakespeare). Escollemos un libro norteamericano que foi escrito hai máis de sesenta anos, GOOD NIGHT MOON . A encargada de facer a lectura foi unha das profesoras de inglés, neste caso, Dori. Aquí tendes algunhas imaxes da contadora e do tradutor. Xa estamos preparando máis sesións. Esperamos facer máis contadas en inglés en semanas vindeiras. Tamén invitamos á nai dun alumno de 1º para que nos conte algún en italiano. Pero antes, teremos unha sesión don dúas nenas que nos van contar dous dos seus contos favoritos.
CEIP Reibón (Moaña)