Estas son as novidades fresquiñas da nosa biblioteca. Libros para ler en solitario ou compartindo cos demais; libros divertidos, simpáticos, de risas, para pensar, para coñecer o mundo... Libros que quizais non poidas ler este curso, pero que poderás degustar en canto chegue o mes de setembro. A voda do galo Pinto - Juan Alfonso Belmontes - Oqo O galo Pinto estaba enamorado de Xiana. Para conseguir que lle faga caso, a vaca Galarda fai o papel de casamenteira. Despois as pitan poñen ovos para facer un gran pastel de vodas e Gallarda pon a nata, pero... Para lectores a partir de 5 anos. Ladrón de gallinas - Beatrice Rodriguez Sen unha soa palabra, coñecerás a historia da galiña e un raposo que a persegue. Pero como sucede moitas, as cousas non son o que parecen. Para lectores a partir dos 4 anos. Tic tac - Pablo Díaz e MArc Taeger - Kalandraka Todas as mañás, tic tac, o reloxo vai soar. Tic tac, témonos que levantar. E se chove poderemos ver como a choiva cae