Este verán paseino moi ben. Non saín da praia da Xunqueira. A de xente que por alí había... Tanta que un día tiven que marchar para a praia d'O Con, que estaba igual de chea. Pero agora xa estamos de volta no cole. Xa vos digo que este ano vou operarme, que teño un brazo un pouco escangallado e vou aproveitar o outono para mudar a roupa. A moda cambia tanto que parezo non sei o que con ese xersei vermello e esa saia verde. Pero para empezar xa vos traio libros novos. QUE BEN!!! UNA NUBE EN MI CAMA - Heinz Janisch - Lóguez Imaxina que un día espertas e atopas unha nube ao teu lado, que a Vía Láctea pinga na túa boca, que te sentas a carón dun gorila ou que vas invitado á casa dun caracol... TERRIBLE - Alain Serres e Bruno Heitz - Edit. Libros del zorro rojo. Terrible pasa a vida asustando a todo o mundo, aos demais lobos, aos monstros da escuridade. Pero a filla ten unha idea que desvelará un secreto que cambia a vida de Terrible. CONSTRUTORES - Xulio Gutiérrez e Nicol
CEIP Reibón (Moaña)