Ola!! Estamos de volta na Reibonteca, encantados de atoparnos un ano máis neste espazo que queremos facer cada día máis agradable e máis voso. A partir de outubro , haberá dous días de préstamos ás familias . Serán o LUNS e o MÉRCORES de 9,15 a 10 horas , coincidindo coa hora de entrada. Para os que vos incorporades este ano, sabede que podedes utilizar o préstamo de libros sen máis trámite que facilitar o nome do voso fillo ou filla. Tamén poremos en marcha por segundo ano a actividade de FAMILIAS LECTORAS , do que teredes información no seu momento.
CEIP Reibón (Moaña)