O día 21 de marzo conmemoramos o " Día da Poesía" Na Reibonteca convertimos o momento do recreo nun momento máxico cheo de versos, sentimentos e historias. 😊😊😊
O pasado venres tivemos a sorte de contar co músico e actor Paco Nogueiras, que lles veu facer unha visita aos nenos e nenas de Educación Infantil. A verdade é que o encontro foi todo un éxito, cantamos, bailamos e escoitamos moi atentos as incribles historias que nos veu a contar. Dámoslle as grazas pola súa visita e esperamos poder volvelo a ver moi pronto!!!😀
Como en cada festividade, dende a biblioteca, seleccionamos unha serie de libros e contos dedicados neste caso ás mulleres, os cales estiveron esta semana accesibles á toda a comunidade educativa co obxectivo de visibilizar a mulleres que durante anos foron invisibles aos ollos da sociedade. FELIZ DÍA DA MULLER!!!!💜