Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2025

Día de Teatro en Reibon

O venres 11 de abril, as alumnas e alumnos de Reibon quixeron conmemorar o Día do Teatro , que foi o pasado xoves 27 de marzo ,  as nenas e nenos de 5 anos B , 3º de Primaria C  e 4º Primaria A , deleitáronnos co seu talento, arte e emoción .  As representacións estiveron cheas de creatividade, aplausos e risas .   Todas e todos  desfrutamos do traballo e a dedicación que puxeron no escenario !!   😃😃😃

Mes de abril: mes do LIBRO

Imaxe
  Dende a Reibonteca deixamos  algunhas recomendacións lectoras para as distintas idades e gustos . Esperamos que as desfrutedes!! 😊😊😊😊 Clicade para ver mais!!

Que sabemos sobre os ODS?

Imaxe
No marco do PDI (Proxecto Documental Integrado) que estamos a desenvolver este ano no centro sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), este trimestre era o momento de deixar reflectido o traballado ata o momento. Para iso cada nivel, elaborou unha serie de infografías, expostas na entrada do colexio, resumindo o realizado sobre os ODS seleccionados ao comezo de curso. Nestas, recóllese información sobre os mesmos e tamén propostas a desenvolver na vida diaria para contribuír ao alcance destes obxectivos tan importantes. Convidámosvos a visitar a exposición, xa que o alumnado fixo un traballo brillante, achegando o seu grao de area nesta ardua tarefa global!!👏