25.11.09

Carta dos nenos da profesora Ana

Rufina está moi contenta.


Recibiu unha carta dos nenos e nenas de preescolar e avisounos para que lle sacásemos unha foto e a puxésemos na Reibonteca para que todos puidésedes vela.

Era dos nenos e nenas da clase da profesora Ana, que sempre veñen á biblioteca coa profesora Natalia.

Ela escribiu unha carta electrónica para que os papás e as mamás lles axuden a lela na casa e as profes no colexio.




Ola rapaces:
Estou moi contenta porque recibín unha carta dos nenos e nenas da clase da profesora Ana. Había tanto tempo que non recibía unha que case se me olvida como se le.

Como queren ler contos de princesas, vou ir á librería a buscar algún. En canto os teña xa vos escribirei para contárvolo.

A Roi quero dicirlle que temos moitos libros de animais.

Bicos para todos.
RUFINA

Rufipregunta



Lembrade que o venres 27 remata a Rufipregunta. Ese será o último día que poidas depositar o teu folleto.

24.11.09

Un espazo para as familias e os profesores

O Ministerio de educación acaba de abrir unha páxina web con contidos, ideas e suxestións para o profesorado e para as familias. Desde a Reibonteca queremos convidarvos a navegar por leer.es unha interesante iniciativa que pretende fomentar a lectura .
De interese especial este enlace que nos dá 10 ideas para crear lectores.


6.11.09

Felicitación

De Rufina para Paco con todo cariño...





A nosa felicitación ao Colexio de Quintela que acaba de recibir o "Premio especial a las competencias lectoras" do Ministerio de Educación polo Blog da biblioteca.

¡¡¡Felicidades, unha aperta, e non deixedes de facer as cousas que facedes !!!.

Novidades na biblioteca


LAS VIDAS DE LOS GRANDES ARTISTAS
. Charlie Ayres


Sabes quen era Hans Holbein, Bernini, Durero, Velázquez, Artemisia Gentileschi? Pois se non o sabes neste libro vas atopar a resposta, coñecer por que pasaron á historia, cales son as súas obras e en que época viviron. Un libro de arte para todos. Nel poderás descubrir que Durero estaba fascinado polo mundo natural ou que Artemisia Gentileschi utilizaba enxeñosos xogos de espellos para poder facer autorretratos.

Recomendado a partir dos 10 anos










NACER. Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández

Sabías que o cuco non fai niño senón que pon os seus ovos nos niños que fan outros paxaros? Esta e outras formas curiosas de nacer poderás coñecelas neste libro que che recomendamos a partir dos oito anos. Está cheo de ilustracións case fotográficas que che axudarán a entender mellor as formas máis curiosas de vir ao mundo que teñen os animais.

Recomendado a partir dos 8 anos










24 POR SEGUNDO. Bjorn Sortland e Lars Elling

24 fotogramas por segundo é a velocidade á que pasa a cinta no cine para que nos dea a sensación de movemento. Este libro titúlase así porque trata precisamente do cine. Na nosa biblioteca non tiñamso libros que nos falasen do cine, dos seus segredos, dos seus personaxes, actores... Este é o primeiro.
Recomendado a partir dos 10 anos









ALEXANDER CALDER. Patricia Geis

Un fermoso libro para descubrir as esculturas deste coñecido escultor contemporáneo. Grazas aos despregale vas poder imaxinar como construía as súas esculturas móbiles.

Un libro para ver en compañía dun adulto.












ESTE CUERPO ES HUMANO. ANATOMÍA ESCRITA Y DIBUJADA. Grassa Toro e José Luis Cano

A literatura explica a ciencia, ou esa çe a idea deste libro. A través de pequenas narracións literarias, explícanos o funcionamento do corpo, desde o sistema nervioso ao circulatorio.

Libro recomendado a partir do 10 anos













OS DE ARRIBA E OS DE ABAIXO
. Paloma Valdivia

Os de arriba e os de abaixo son iguais, aínda que eles non o saben porque os de arriba sempre están arriba e os de abaixo sempre están abaixo. Un conto igual ao mundo no que vivimos.

Recomendado a partir dos 6 anos









A MÁSCARA DO LEÓN
. Margarita del Mazo


O leonciño non lle daba medo a ninguén, así que seus pais decidiron encargarlle ao picapau unha máscara de león fero. Por culpa desa máscara, o león perdeu todas as súas amizades e xa non puido correr coa cebra...
Recomendado a partir dos 6 anos








IMAGINA UNA NOCHE. Sarah L. Thomas

Imaxina unha noite en que do lago xurden uns seres fantasmagóricos, imaxina un enorme castelo de area, unha alfombra de herba tapizando un campo enorme. Estes e moitos outros trucos visuais podes atopar neste libro, para que disfrutes ollando.Para calquera idade e tamén para os papás e as mamás.

Recomendado a partir dos 8 anos











ELEFANTE. Petr Horácek

Imaxina que todo o malo que pasa na túa casa sucede por culpa do elefante que xoga contigo porque nin o teu avó, nin a túa avoa teñen tempo para xogar contigo. O malo é que ninguén cre que a sala está desordenada e que o baño está cheo de salpicaduras pola súa culpa. Así que sempre che van botar as culpas a ti.

Recomendado a partir dos 6 anos










EL DÍA QUE OLVIDÉ CERRAR EL GRIFO. Lucía Serrano

Unha tarde saiu da duche e esqueceu cerrar a billa. Esa noite durmiu a perna solta, pero á mañá seguinte, ao espertar atopou unha sorpresa.

A partir de 6 anos














CUANDO EL CARACOL Y QUINCE MÁS. Daniel Nesquens

Un caracol que saca un corno ao sol, un gato voador, un globo que viaxa, un ovo cun regalo dentro... e varios personaxes máis protagonizan este divertido e disparatado libro de contos.


A partir de 9 anos












EL ASTRÓNOMO. Walt Whitman e Loren Long

Walt Whitman, un dos poetas norteamericanos máis importantes do século XX é o autor deste poema sobre a busca do coñecemento.

Lectura recomendable a partir dos 10 anos


Canto sabes de banda deseñada?

Xa podes pasar pola biblioteca a recoller o teu papel para participar no concurso Canto sabes de banda deseñada? Cubre o teu impreso e deposítao no buzón no prazo establecido e poderás converterte no GRAN ESPECIALISTA DE BANDA DESEÑADA DE REIBÓN, título único en todo o universo para recoñecer a sabedoría no arte do cómic.
ANÍMATE!!

30.10.09

As rufinovidades deste curso




Como xa sabedes, está rematando a exposición de banda deseñada e dentro de poucos días poderedes disfrutar dunha tranquila lectura na casa dos vosos cómics favoritos. Preparádevos para participar tamén na RUFIPREGUNTA e acadar o diploma de experto en BD.




Pero xa temos en marcha outra exposición itinerante que comparten connosco os colexios de Quintela e Abelendo. É un lote de libros que teñen como tema outros países, outras culturas e outras terras. Estes libros forman parte do fondo da Fundación Germán Sánchez Rupérez. Están á vosa disposición nun apartado especial da biblioteca. Haberá contacontos, debuxo e máis actividades que seguramente vos han gustar.

14.10.09

Exposición de cómic


Ata o 31 de outubro poderás coñecer algunhas cousas sobre o cómic. A saber:

Cantas clases de manga hai?
De onde vén a palabra manga?
Quen foi o creador de Mortadelo e Filemón?
Que autora se representa nos seus libros coa imaxe dunha vaca?
Cantos anos ten Superman?
Que personaxe creou Quino?
Hai autores galegos que fagan cómic?


E despois podes participar nos concursos que imos organizar para que todos saiban que eres un experto/a en banda deseñada.

4.10.09

Cambiamos de estación.

Xa é outono.
Lelo pode explicarche como son as estacións.


7.9.09

Empezan as clases

Xoves día 10 empezan as clases


O horario sera de 9.15 a 14.15

Os servicios de comedor e transporte empezarán tamén o xoves.

Non haberá actividades de tarde hasta outubro