Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2010

Estiveches algunha vez na Capela Sixtina?

A capela sixtina é unha das marabillas artísticas de toda a historia da humanidade. Se nunca puideches visitala, neste enlace.

Comezamos co Club de lectura

O vindeiro martes no recreo bota a andar o club de lectura da Reibonteca. Teremos a primeira reunión para decidir cal vai ser o libro co que empecemos.
Hai varios candidatos que poderedes consultar no blog do Club de lectura.

GUSTARÍACHE PERTENCER A UN CLUB DE LECTURA?

Se che gusta ler...Se estás en 4º ou 5º... Se cres que lectura é divertida...Se che gusta compartir cos demais as túas opinións...Se a lectura non é unha asignatura...Se non dis que algo non che gusta antes de probalo...
ENTÓN PODES PARTICIPAR NO CLUB DE LECTURA DA REIBONTECA.

Que tes que facer? Simplemente inscribirte e comprometerte a a ler a parte que se acorde no tempo que se acorde. Despois falaremos sobre as cousas que nos gustan e as que non.
Cando se reune o CLUB DE LECTURA? Unha vez ao mes durante o recreo e o tempo de lectura.

E se participas e non che gusta? Podes abandonalo cando queiras.
SE ESTÁS PREPARADO, ANÓTATE NO TABOLEIRO DA BIBLIOTECA ANTES DO 8 DE OUTUBRO