CEIP Reibón (Moaña)

17/12/10

Contos dos Estados Unidos

The Odd Egg

;

The Giving Tree


Rufina invitou a tres profesoras americanas a contarnos algúns contos que se lle contan aos rapaces no seu país. Alley Stonestreet, Valentina Plache e Jaclyn Burgess relatáronos  The Giving Tree.


This is the story of a tree and a boy.

É a historia dunha árbore e dun neno.

The boy ask for money, but the tree had no money only had apples. And it gave him all the apples.


O rapaz pediulle cartos, pero non tiña, soamente podía ofrecerlle as súas mazás para que as vendese, así que decidiu darllas.




The boy grew and he wanted a wife and children but he needed a home for living with them. The tree gave him his branches for building it.

O rapaz medrou e quería ter muller e fillos. Precisaba unha casa, e a árbore deulle as súas pólas para construíla.





The boy went on growing and he wants to sail away, but he needed a boat. The tree gave him his trunk for making it.
O neno seguiu medrando e quería navegar, pero non tiña un barco, así que a árbore deulle o seu tronco para que o construíse.







The boy became an old man and he comes back beside the tree. I haven't anymore for giving you. But he can give him the stump for having a rest.
O neno fíxose vello e volveu onda a árbore. Xa non tiña máis que darlle. Bueno, si... podía ofrecerlle o tocón para que descansase.


Para nós non foi fácil de entender porque o contaron en inglés. Menos mal que a profe Natalia estaba alí para botarnos unha man, iso si tamén en inglés. Para rematar propuxéronos unha adiviña. Un animal que tiña cornos, o nariz vermello e catro patas. Con esas pistas adiviñamos facilmente que se trataba de Rudolf, un dos renos de Santa Claus. É que nos Estados Unidos, os pobres non teñen Reis Magos, que son tres, teñen a Santa, que non é máis que un. Despois cantamos a canción de Rudolf, coma se estivesemos nun Karaoke.

6/12/10

AS PREGUNTAS DE RUFINA


Xa sabedes que Rufina sempre está argallando. 
Está de viaxe por África, pero grazas aos avances das tecnoloxías da comunicación segue enviándonos desafíos. 
Aquí tendes a carta que nos enviou ao correo electrónico da Reibonteca.

3/12/10

Renovación Consello Escolar

ACTA DE PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS ELEXIDOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO

XUNTA ELECTORAL

Cándido Miranda Miranda, Director do C.E.I.P. Reibón de Moaña e Presidente da XUNTA ELECTORAL do Centro, unha vez rematados os diferentes actos electorais para proceder á renovación do Consello Escolar do Centro e recibidas as actas correspondentes por parte das mesas electorais, en nome da Xunta Electoral:


CERTIFICO:

1.- Que foi proclamada candidata elexida como representante do profesorado do Centro:

 Ana Mª García Gómez


2.- Que foi proclamada candidata elexida como representante dos pais e nais do alumnado :

 Mª Esther Paz Otero

E para que conste, queda firmada a presente Acta de proclamación de membros elexidos para a renovación do Consello Escolar de Centro en Moaña a 01 de decembro de 2010.

O Director

19/11/10

Renovación Consello Escolar

A XUNTA ELECTORAL PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

INFORMA :


Procédese a un axuste do calendario electoral para adaptarse a nova normativa establecida pola Consellería de Educación.

Recordamos que no mes de novembro corresponde elexir a :



. 1 mestre/a

. 1 nais/pais



Novo calendario electoral :

-Elección de pais e nais................................................Martes 30 de Novembro de 9.15 a 18 h.

no local da ANPA

-Elección do profesorado.............................................Martes de 30 Novembro ás 16h.

-Proclamación de candidatos electos.......................... Mércores 9 de Decembro

-Constitución do novo Consello Escolar......................Martes 21 de Decembro as 19h

31/10/10

Estiveches algunha vez na Capela Sixtina?



A capela sixtina é unha das marabillas artísticas de toda a historia da humanidade. Se nunca puideches visitala, neste enlace.

28/10/10

Comezamos co Club de lectura



O vindeiro martes no recreo bota a andar o club de lectura da Reibonteca. Teremos a primeira reunión para decidir cal vai ser o libro co que empecemos.
Hai varios candidatos que poderedes consultar no blog do Club de lectura.

4/10/10

GUSTARÍACHE PERTENCER A UN CLUB DE LECTURA?


  • Se che gusta ler...
  • Se estás en 4º ou 5º...
  • Se cres que lectura é divertida...
  • Se che gusta compartir cos demais as túas opinións...
  • Se a lectura non é unha asignatura...
  • Se non dis que algo non che gusta antes de probalo...

ENTÓN PODES PARTICIPAR NO CLUB DE LECTURA DA REIBONTECA.


Que tes que facer?
Simplemente inscribirte e comprometerte a a ler a parte que se acorde no tempo que se acorde.
Despois falaremos sobre as cousas que nos gustan e as que non.

Cando se reune o CLUB DE LECTURA?
Unha vez ao mes durante o recreo e o tempo de lectura.


E se participas e non che gusta?
Podes abandonalo cando queiras.

SE ESTÁS PREPARADO, ANÓTATE NO TABOLEIRO DA BIBLIOTECA ANTES DO 8 DE OUTUBRO

30/9/10

Aquí está Rufina de volta

Este verán paseino moi ben. Non saín da praia da Xunqueira. A de xente que por alí había... Tanta que un día tiven que marchar para a praia d'O Con, que estaba igual de chea.
Pero agora xa estamos de volta no cole. Xa vos digo que este ano vou operarme, que teño un brazo un pouco escangallado e vou aproveitar o outono para mudar a roupa. A moda cambia tanto que parezo non sei o que con ese xersei vermello e esa saia verde.

Pero para empezar xa vos traio libros novos. QUE BEN!!!

UNA NUBE EN MI CAMA - Heinz Janisch - Lóguez

Imaxina que un día espertas e atopas unha nube ao teu lado, que a Vía Láctea pinga na túa boca, que te sentas a carón dun gorila ou que vas invitado á casa dun caracol...



TERRIBLE - Alain Serres e Bruno Heitz - Edit. Libros del zorro rojo.

Terrible pasa a vida asustando a todo o mundo, aos demais lobos, aos monstros da escuridade. Pero a filla ten unha idea que desvelará un secreto que cambia a vida de Terrible.




CONSTRUTORES - Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández - Faktoría K de libros.
Como constrúen as súas casas unha serie de animais. Casa feitas con habilidade, curiosas e sorprendentes. Un libro para descubrir cousas que seguramente non coñeces nin imaxinas.





LA CASA - Roberto Innocenti e textos de Patrick Lewis - Kalandraka.

A través deste libro podemos seguir a historia de Europa. O mesmo lugar durante a época en que agricultura era a forma de vida dos europeos, as sucesivas guerras mundiais, a revolución de 1968 e o tempo actual. Unha divertida lección de historia a través dun fermoso libro de imaxes.


EL LIBRO DE LAS TIERRAS IMAGINADAS - Guillaume Dupreu - Editorial Oniro

Nunha época os seres humanos imaxinaron que a terra era plana, despois demostrouse que era esférica. Hai culturas que imaxinan que a terra está sostida por unha tartaruga ou unha serpe. Este libro trata de como se imaxinaron os seres humanos que era a Terra en diferentes épocas e lugares.

 
HIPÓLITO Y SERAFIN - Nahir Gutiérrez - Thule

Hipólito é un hipopótamo que vive feliz na súa lagoa, ata que chegan os mosquitos que non fan máis que molestalo. Daquela aparece Serafín, un paxaro ao que lle encantan os mosquitos.




EL POLLO DESPLUMADO - Chen Chih Yuan - Thule ediciones

Un día un ovo fende e sae un pito sen plumas e que se acatarra cun pouquiño de aire que pase. Un día atopa a outros catro pitos que non queren saber nada del porque non ten plumas.




MI PEQUEÑO MUSEO DE BELLAS ARTES - Rosie Dickins - Usborne

Descubre os cadros dos pintores máis famosos. Para descubrir a Van Gogh, Picasso e os grandes pintores

27/9/10

QUERES SER AXUDANTE DE RUFINA?

Este curso se queres ser axudante segue estes pasos:



  • Busca un amigo ou amiga que tamén queira ser axudante de Rufina.


  • Vinde á biblioteca e deixade os vosos nomes e cursos.


  • Dentro duns días confeccionaremos as quendas de axudantes. Cada parella terá entre catro e cinco días de garda durante todo o curso.



    • 6/9/10

      Curso 2010/2011
      Venres, día 10, comezo das clases
      Horario: de 9.15 a 14.15
      Haberá servizo de transporte e comedor
      Durante este mes non hai actividades pola tarde

      27/6/10

      As lecturas para o verán

      Desde a biblioteca facémosvos algunhas recomendacións de lectura para os días longos do verán. Atrevédesvos?




      11/6/10

      Rufinoticias


      Estas son as novidades fresquiñas da nosa biblioteca. Libros para ler en solitario ou compartindo cos demais; libros divertidos, simpáticos, de risas, para pensar, para coñecer o mundo... Libros que quizais non poidas ler este curso, pero que poderás degustar en canto chegue o mes de setembro.



      A voda do galo Pinto - Juan Alfonso Belmontes - Oqo

      O galo Pinto estaba enamorado de Xiana. Para conseguir que lle faga caso, a vaca Galarda fai o papel de casamenteira. Despois as pitan poñen ovos para facer un gran pastel de vodas e Gallarda pon a nata, pero...

      Para lectores a partir de 5 anos.







      Ladrón de gallinas - Beatrice Rodriguez

      Sen unha soa palabra, coñecerás a historia da galiña e un raposo que a persegue. Pero como sucede moitas, as cousas non son o que parecen.


      Para lectores a partir dos 4 anos.






      Tic tac - Pablo Díaz e MArc Taeger - Kalandraka

      Todas as mañás, tic tac, o reloxo vai soar. Tic tac, témonos que levantar. E se chove poderemos ver como a choiva cae do ceo, cae que cae ao regato pequeno. Quizais coñezamos a un vello que tiña un burro na cortee moitos outros personaxes.
      Un libro disco con divertidas cancións.

      Para lectores e escoitadores desde o 4 aos 100 anos



      Cuenta que te cuento - Mª de la Luz Uribe e Fernado Krahn - Los libros de la mora encantada.

      Una tarde de paseo
      me tropecé con un rey
      magnífico y elegante,
      pero todo de papel

      Haciéndome una gran venia,
      este rey que me encontré
      me regaló su corona,
      que era toda de papel...

      Coñecedes a Don Crispín? Pois neste libro poderedes coñecelo e non vos vai defraudar porque pasaredes uns momentos moi divertidos.
      Libro para que os papás lles lean aos seus fillos e fillas, e viceversa.








      El señor G -Gustavo Roldán

      Un día o señor G decide acabar co silencio plantando unha rosa no deserto. Si, xa sei que no deserto non medran as rosas e que as rosas non fan ruído, pero iso mesmo foi o que lle preguntaban os seus veciños...




      A resposta? No libro







      Sin principio ni fin - Avi - Ediciones B

      As aventuras de Carlos, un caracol canso de ser pobre, e Eduardo, unha formiga coa que vivirá as máis insospeitadas aventuras, divertidas e onde superarán, un tras outro, os atrancos que se lles presentan.
      Un libro para lectores a partir de 8 anos












      Cuentos y leyendas de los Trumai - Merceau Ponty

      As historias e as formas de vida desta tribo descoñecida do Amazonas.

      Para lectores a partir dos 9 anos.











      Os petos de Loreto - Quentin Blake - Kalandraka

      Loreto ten un abrigo cheo de petos e deles sacas as cousas máis inesperadas, porque o abrigo de Loreto ten moitos petos.

      Para lectores a partir dos 4 anos









      Cambios - Anthony Browne - Fondo de Cultura Económica

      De pronto, o mundo que arrodea a José Kaf comeza a cambiar. Todo está silencioso. O gato, todo adquire aspecto estraño e desacougante. O protagonista está só, pero non tardarán en chegar os pais cunha novidade moi importante nos brazos.

      Para lectores e observadores a partir dos 5 anos








      Bigu - Alexis Deacon - Kókinos

      Bigu aparece un día nun lugar onde nunca debería ter chegado. Resulta tan rara que non encaixa en ningún sitio e sempre a botan de todas as partes. Parécelle escoitar a voz da súa nai chamándoa, pero sempre se euivoca, ata que un día...


      Para lectores a partir dos 5 anos





      A vaca que puxo un ovo - Andy Cutbill e Rusell Ayto - Patasdepeixe

      Un libro simpático, cheo de humor e divertido.

      Para lectores a partir de 5 anos.






      3/6/10

      Rufina pide axuda


      Rufina pide a axuda de todos, tamén dos profesores. O monstro das palabras andivo coma tola pola biblioteca papando todas as palabras que atopou nos poemas que Rufina nos ía regalar. Agora todos debemos axudarlle a recompoñelos.
      Recolle as follas na árbore e complétaas. Despois deposítaas no buzón.



      Unha árbore máxica

      Na biblioteca temos unha árbore moi, moi especial. Porque unha árbore que non dá mazás, pera, noces, pexegos ou laranxas, senón que dá poesías, é unha árbore única. E temos a sorte de que nacese na Reibonteca e non en calquera outro lado.



      O primeiro froito foi un poema de Uxío Novoneyra, pero algún día dará poemas de Xeila, de Ana ou de Daniela. Pode que polo mes de outubro floreza con poemas de Miguel Hernández.
      Se queres probalas, non terás máis que prestar atención aos avisos que Rufina vai ir deixando polo colexio.



      A única lei que ten esta nosa árbore é que, unha vez lidos, os poemas deberán ser regalados a unha persoa que non estea no noso colexio. Quizais algún día sexan froitos desas persoas os que nazan na nosa árbore.


      O máis visto

      Arquivo do blog

      CEIP Reibón (Moaña)

      Home PageNav Display

      Ads

      Related Posts Display

      Item Post Navigation Display

      Technology

      Featured Posts

      statistics

      Blogs interesantes

      Subscribe

      Blog da Reibonteca

      Navigation-Menus (Do Not Edit Here!)

      Ad Home

      Search

      Tab-menu

      Random Posts

      Author Info (Documentation Required)

      Recent Posts

      Header Ads

      Etiquetas

      Seguidores

      Redes sociais

      Bibliotecas escolares de Galicia

      Bibliotecas escolares de Galicia
      Blog

      Advertising

      Advertising

      Slider (Add Label Name Here!) (Documentation Required)

      Blogger templates

      Contact us

      Nombre

      Correo electrónico *

      Mensaje *

      Blogger templates

      Facebook

      BTemplates.com

      Pages - Menu

      Pages - Menu

      Popular Posts

      Popular

      Copyright © REIBONTECA | Powered by Blogger

      Design by ThemePacific | Blogger Theme by NewBloggerThemes.com