Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

Reto ler e contar: O monstro coronavirus

Imaxe
O coronavirus contado por Xian e familia.

Reto ler e contar. Pequeño Azul...

Imaxe
Estes son Pequeno Azul e Pequeno Amarelo, os protagonistas dunha historia que lles gusta sobre todo aos nenos e nenas.  Contada por Natalia, profe de infantil.

Reto Ler e contar. Orellas de bolboreta

Imaxe
Chegou o primeiro vídeo. Orellas de bolboreta. Grazas Inés.

Museos virtuais

Imaxe
Xa que este ano vai de arte, queremos ofrecervos unhas visitas virtuais aos museos que o permiten. Preme nas imaxes e poderás entrar. Comezamos pola Galería dos Uffizi en Florencia, onde poderedes atopar todos os artistas máis importantes do Renacemento italiano. Museo do Louvre en París. Manifestacións artísticas de medio mundo e desde a antigüidade exipcia ata Goya, pasando por moitos pintores  que abarcan centos de anos da arte. Pinacoteca de Brera. Pintura italiana cláscia e contemporánea. Aquí podemos atopar, por exemplo obras de Modigliani. O Museo del Prado contén valiosas mostras da pintura española, flamenca, italiana... Velázquez, Goya, Rubens, Tiziano, Fra Angelico, Rafael e tantos outros. Na National Gallery of Art de Washington atopamos importantes artistas estadounidenses como Hopper, Rothki. Europeos como Miró, Kandinsky. Fotógrafos, escultores... O último por hoxe será ORijksmuseum de Amsterdam onde podemos coñecer a obra de Vermee

Unha aportación para pasar o tempo

Imaxe
Unha das aportacións que reicibimos do equipo de bibllioteca é esta A nena e o grilo de Magín Blanco. Soñar non ben mal nestes días.

Reto ler e contar. Nieve en Chelm

Imaxe

Propostas para un encerro

Imaxe
Queremos propoñervos a todas as familias, pero especialmente ás Familias Lectoras que nos enviedes ao correo electrónico da biblioteca vídeos dos vosos fillos, fillas e vosos lendo libros, ben por xunto, ben por separado. Podedes envialos a bibliotecadereibon@gmail.com Queremos contribuír a que todos poidan ter cinco minutos cos que entreterse, facendo ou mirando. Premede nestas ligazóns e accederedes a dous contos. http://www.kalandraka.tv/gl/video/beaconta http://www.kalandraka.tv/gl/video/ballesconta 

Proxecto arte. Tamara de Lempicka

Imaxe
Naceu en 1898 e morreu 1980. En 1910 pinta o seu primeiro cadro, o retrato da sua irmá. Tamara foi a clases de pintura con Andre khote. Os seus cadros son de mulleres. Os seus cadros non soen ter moita paisaxe. Entre as súas obras destacamos:  Muchacha con guantes, Women bathing, The green Turbant e Kizette no balcón

Voluntariado lector

Imaxe
A biblioteca e o alumnado de 6º participan nunha actividade de lectura para persoas con demencias que están no centro de día que a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias xestionan no Rosal. Tras o primeiro contacto durante o Magosto, estamos preparando unha actividade relacionada cos xogos compartida con alumnado de infantil e unha sesión de lectura dramática de Os vellos non deben namorarse.

Novidades

Imaxe
Xa temos o andel de novidades cos últimos libros chegados á Reibonteca. Animádevos a botarlle un ollo porque ides atopar cousas moi interesantes.

Francisco Leiro

Imaxe
FRANCISCO LEIRO É un escultor. Naceu en Cambados en 1957, Ten 62 anos. Estudou na Escola de Artes e Oficios de Santiago e Belas Artes en Madrid. Unha de sus obras mais coñecidas son: Ol astronauta , O Sireno e O nadador.

Todo o novo da Reibonteca

Imaxe
Open publication - Free publishing

Proposta para as Familias Lectoras

Imaxe
Unha das dificultades que aparecen coa lectura é facela divertida, viva e que transmita emocións. Para ir probando cousas que nos axuden a ser máis expresivos imos  enviarvos unha serie de propostas e modelos de contos cos que podedes facer probas. O primeiro saiu o venres, A ENTONACIÓN . QUE VOS SEXA ÚTIL!

Certame de lectura en voz alta

Imaxe
Despois do éxito que acadou o Certame de lectura en voz alta , estamos preparando a segunda edición. Nesta ocasión, abrimos a cantidade de xéneros nas que se pode participar, polo que imos ter maior variedade. Será durante o mes de abril para celebrar a Festa dos Libros. Ah! Non esquezades que o tempo está limitado. Animádevos e ide preparando as vosas lecturas.

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Imaxe
Como xa vos dixemos en entradas anteriores, estamos poñendo ao día o catálogo e contamos con novos libros dentro do proxecto de Bibliotecas inclusivas, libros que están pensandos para que todo o mundo os poida ler, pero especialmente os nenos e nenas que non poden ler textos que unicamente teñen mensaxes alfabéticas. Estes libros teñen pictogramas, pensando en nenos con autismo, ou letra de tamaño grande para os que teñen dificultades de visión. Son libros que poden ler TODOS E TODAS . Tendes máis información no Boletín de novidades da Reibonteca que se distribuiu en todas as aulas e que podeden consultar na biblioteca.