Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2021

Unhas recomendacións de medo!

 O club de lectura de mestres tamén se pon a funcionar, e quere facervos unhas recomendacións... de medo! PINCHA AQUÍ  

Cesións temporais!

Imaxe
 A partires de hoxe, e durante aproximadamente un mes, disporemos na biblioteca dun escornabot e unha colección de libros de banda deseñada, cedida polo CFR de Vigo. Aprobeitade a ocasión!

Club de lectura

Imaxe
 O pasado xoves e o venres iniciamos os nosos clubs de lectura de 5º e 6º. Establecemos os nosos obxectivos e xeito de funcionar e iniciamos co noso primeiro libro seleccionado: - Club de 5º: Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure. - Club de 6º: As bruxas, de Roald Dhal. O Rufi Club A próxima reunión: o 28 e 29, para 5º e 6º, respectivamente.
Imaxe
  ARRANCAMOS!!!  Hoxe póñense en marcha as nosas mochilas viaxeiras. A partir de hoxe cada grupo terá a súa mochila chea de libros, que irá viaxando polos vosos fogares de mércores a luns. O martes quedará en corentena, descansando, para volver a arrancar con enerxía e a unha nova casa o mércores.  Como a semana que ven non hai clase o luns nin o martes, tráea á escola o mércores e marchará o xoves. Tatádeas co mesmo cariño co que as preparamos e deixádenos os vosos comentarios, debuxos, escritos... no caderno en branco que levades. Desfrutádeas!

RECREOS NA BIBLIO

 A nosa biblioteca volve a abrir as súas portas para os usuarios na hora do recreo. Iso si, será seguindo unha serie de normas:  1. Antes de entrar, bota hidroxel para desinfectar as túas mans. 2. Usa sempre mascarilla e garda as distancias con outros usuarios. 3. Usa a porta de saída para marchar, non te confundas! 4. Este é o día que podes ir:     - Se es de 2º, os luns.     - Se es de 3º, os martes.     - Se es de 4º, os mércores.     - Se es de 5º, os xoves.     - Se es de 6º, os venres. Ademais, o día 7 teremos a primeira reunión do "Club de lectura" de 5º; e o día 8, a primeira reunión do "Club de lectura" de 6º. Anímate a participar!

Iniciamos o curso

Imaxe
  Ola familias! Volvemos á biblioteca do centro.  As horas de atención ás familias son os luns e mércores de 9:15 a 10:00, agardamos á túa visita!