CEIP Reibón (Moaña)

20/12/16

En 4 anos xa coñecen ben a Roger Olmos


Antes de marchar de vacacións deixámosvos cun video das rapazas e rapaces de 4 anos, no que demostran que teñen ben calado ao ilustrador de Tío Lobo, un dos seus contos favoritos.  E é que Roger Olmos sempre nos sorprende cada vez que lemos un dos seus contos, descubrindo todas esas cousiñas que agocha nas súas ilustracións, e ás que moitas veces non lle atopamos sentido. 

video

13/12/16

Recomendacións lectoras 1

Para os máis pequenos, o Nadal son datas cheas de ilusión.
Os libros tamén deben formar parte deses regalos e aquí vos deixamos unha listaxe de títulos que consideramos adecuados para a súa idade. Atopareces títulos para os bos lectores e para os que non o son tanto, ilustrados e sempre coidados.
Tamén pensamos nos adultos e atoparedes ao final do folleto lecturas interesantes para os máis vellos da familia.

Recomendacións lectoras 2

Aí van as nosas recomendacións para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, e algunha tamén para os adultos da casa.
E lembrade que o libro é un regalo que nunca se acaba.

6/12/16

Aprender a buscar na internet é importante

Iniciamos a edición dos Cadernos da Reibonteca coa publicación dunha guía para aprender a buscar en internet. Era unha necesidade que tiñamos constatado que existía e que algunhas familias nos expresaron que sería moi útil mesmo para utilizala na casa. 
O uso de internet é tan frecuente que pode parecer que o coñecemos e o dominamos, pero existen trucos que nos poden axudar a acadar os nosos obxectivos con menos traballo. A cantidade de información existente na rede é tal que hai que aprender a discriminar o útil do inútil, a información veraz da que non  o é. Deben aprender a dubidar de todo o que se publica na rede e contrastalo.
Agardamos as vosas suxestións e opinións para ir mellorando a guía. 

15/11/16

As novidades

Temos títulos frescos para que poidades gozar con eles. Como poderedes comprobar hainos de todos os gustos, estilos e xéneros. Temos BD co "El rey escualo" ou unha marabilla interactiva como "Que viene el lobo"

7/11/16

Poesía rima con alegría

A poesía é divertida, desde Gloria Fuertes a Gloria Sánchez poderás atopar na biblioteca libros con poemas tan divertidos e simpáticos coma este de "BAÑAR UN ELEFANTE" de Elsa Bornemann.
Busca poesía no apartado da Reibonteca.

20/10/16

DE ONDE VÉN RUFINA?


Esta semana se pasáchedes pola biblioteca poidéstes verme recibíndoos cunha vestimenta un tanto peculiar. 

ENTREGA DOS PASAPORTES LECTORES




A semana pasada voltamos a ter unha ilustre cerimonia na biblioteca do cole.  E agora as nenas e nenos de primeiro xa son posuidores dun documento moi especial. O seu PASAPORTE LECTOR!

3/10/16

ENTREGA DE CARNÉS AOS NOVOS USUARIOS

 O pasado mércores o alumnado de 1º recibiu nun acto formal na biblioteca o seu carné de usuario. A partir de agora xa poden convertirse en rufilectores.


Rapaces, agardámosvos para descubrir novos mundos e vivir múltiples aventuras. Cada libro é un mundo que vos agarda cos brazos abertos


O mércores e o venres recibirán os seus PASAPORTES LECTORES e colocarán as súas fotos no Planeta FANTASÍA, o lugar onde comeza a nosa viaxe polo universo da lectura.

18/5/16

Letras



Hoxe nas árbores agromou a poesía de Manuel María, as pólas enchéronse de fermosas palabras de Terra Cha, de Os soños na gaiola.

2/5/16

A poesía é un xogo

Como xa anunciamos hai uns días, hoxe estivo na Reibonteca Antonio Rubio autor de "Lúa" e "Versos vegetales", dous libros que forman parte do noso pasaporte lector. O alumnado de infantil, primeiro e segundo tivo a oportunidade de escoitar a un dos poucos, quizais o único, que a crea para aqueles que non saben ler, aínda que tamén cre libros para os que son capaces de facelo.


 Descubrimos que a poesía é unha canción que se repite e que se vive corporalmente, que se palmea e que se pode cantar con pequenos xoguetes. Coñecemos tamén o trabalinguas máis longo que nunca teñamos escoitado.
Sentímonos moi afortunados de que Antonio viñese ao noso colexio, visitase a nosa biblioteca e adicase unhas horas do seu tempo para facernos gozar coa súa voz. Moitas grazas e ata cando queiras.



29/4/16

Recreos de conto

Desde hai un mes, na biblioteca véñense celebrando os RECREOS DE CONTO, a última sesión celebrouse onte con Paula que nos contou con moita expresividade e emoción a historia de Carapuchiña vermella ante un grupo de nenos. Ademais fíxoo de memoria, coas súas palabras.


28/4/16

Unha visita moi especial

Pois si, o vindeiro luns, día 2 de maio o escritor e poeta Antonio Rubio virá ao noso colexio.
Estamos moi compracidos porque nunca estivo en Reibón, pero ademais porque os seus libro Versos vexetais e Lúa forman parte do noso "pasaporte lector" e os seus poegramas son uns libros enormemente interesantes para os máis pequenos, mesmo para os que aínda non falan.




19/4/16

Investigando o universo

A Reibonteca ten en marcha unha caza do tesouro a partir do tema global do presente curso, o universo.
A partir dunha serie de cuestións propostas no mural do proxecto, o alumnado reazlia as investigacións que lles permitirán responder as preguntas do cuestionario.


Este é o cuestionario para o alumnado de 1º e 2º de primaria:



Este é o de 3º e 4º:




E este é o de 5º e 6º:

Recreos de conto


Iniciamos hai varias semanas os nosos "RECREOS DE CONTO" coa participación de alumnado de primaria.

Comezamos o 10 de marzo e xa contamos historias tan emocionantes como "O rato e os ventos", "Rato moi alto e rato moi baixo", "A casa máis grande do mundo", "O soldadiño de chumbo" ou "O pozo dos desexos".





O máis visto

Arquivo do blog

CEIP Reibón (Moaña)

Home PageNav Display

Ads

Related Posts Display

Item Post Navigation Display

Technology

Featured Posts

statistics

Blogs interesantes

Subscribe

Blog da Reibonteca

Navigation-Menus (Do Not Edit Here!)

Ad Home

Search

Tab-menu

Random Posts

Author Info (Documentation Required)

Recent Posts

Header Ads

Etiquetas

Seguidores

Redes sociais

Bibliotecas escolares de Galicia

Bibliotecas escolares de Galicia
Blog

Advertising

Advertising

Slider (Add Label Name Here!) (Documentation Required)

Blogger templates

Contact us

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Blogger templates

Facebook

BTemplates.com

Pages - Menu

Pages - Menu

Popular Posts

Popular

Copyright © REIBONTECA | Powered by Blogger

Design by ThemePacific | Blogger Theme by NewBloggerThemes.com