Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2009

Boas festas e feliz 2010

As vacacións de Nadal serán dende o día 23 de decembro ao 10 de xaneiro. As clases rematan o martes día 22 de decembro e empezan de novo o luns día 11 de xaneiro de 2010. Xunto cos boletíns de notas o alumnado levará unha recomendación de libros que consideramos de especial interese para fomentar o gusto pola lectura. Un libro é sempre un bo regalo.

Nadal con contos

Para despedir o trimestre Rufina preparounos unha sesión con contos para o nadal. Un conto da Befana que nos contarán Katy Pontis e Mónica Santiago. Se queredes saber que é a befana podes clicar neste enlace " La Befana vien di notte con le scarpe tutte rotte col cappello alla romana viva viva la Befana! " Laura Otero contaranos un conto africano protagonizado por unha pequena Masai. Será o LUNS , 21 de decembro, ás 11,45 .

Suspensión das clases

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 decembro 2009 A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, 16 de decembro. Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Nosotros los chicos

Rufina recomenda a todos os de sexto un libro que hai pouco que está na biblioteca e que anda un tanto dormido. Este libro vale tanto para que o lean os nenos, e desta vez NENOS = varóns , como para as familias . Iso non quere dicir que non o poidan ler as nenas que queiran saber como son os nenos, porque se trata dunha guía dos preadolescentes . Cousas que podes atopar neste libro Coñece o teu corpo Para que sirven os pelos? As rapazas tamén teñen pelos? Coitela ou maquinilla? Test para descubrir se te queres a ti mismo. Combate a timidez. Bo ou mal caracter? Controla a túa ira. Non hai nada como a amizade Que é a amizade? Para que serve? Como facer as paces? Que pasa se nos gusta a mesma rapaza? Ah, o amor! Ficha técnica sobre as rapazas Test: Está toliña por ti? Penas de amor Toda a verdade sobre o instituto Convírtete no rei da planificación Viva a organización O primeiro día de "insti" Todas as claves sobre profesores e deberes 7 trucos para non perder a calma 4 antíd

Parabéns Marcos Calveiro

O carteiro de Bagdad, a última obra infantil de Marcos Calveiro, que xa leva tempo na nosa biblioteca. A Reibonteca quere enviarlle os seus parabéns a Marcos Calveiro por ter acadado o Premio Lazarillo 2009 de literatura infantil en competencia con outras 150 obras escritas en castelán, galego, eúscaro e catalán. Este escritor é autor dunha obra que recomendamos aos lectores expertos titulada O carteiro de Bagdad coa que acadou no seu momento o Premio Aladelta de literatura infantil e xuvenil. Marcos Calveiro forma parte da fornada de novos autores de literatura infantil e xuvenil que escriben en galego cunha cualidade incuestionable e recoñecida pola crítica e os editores. Para os maiores que queiran coñecer a súa obra, podemos recomendarvos a lectura de Festina lente, unha novela histórica publicada por edicións Xerais.

Carta dos nenos da profesora Ana

Rufina está moi contenta. Recibiu unha carta dos nenos e nenas de preescolar e avisounos para que lle sacásemos unha foto e a puxésemos na Reibonteca para que todos puidésedes vela. Era dos nenos e nenas da clase da profesora Ana, que sempre veñen á biblioteca coa profesora Natalia. Ela escribiu unha carta electrónica para que os papás e as mamás lles axuden a lela na casa e as profes no colexio. Ola rapaces: Estou moi contenta porque recibín unha carta dos nenos e nenas da clase da profesora Ana. Había tanto tempo que non recibía unha que case se me olvida como se le. Como queren ler contos de princesas, vou ir á librería a buscar algún. En canto os teña xa vos escribirei para contárvolo. A Roi quero dicirlle que temos moitos libros de animais. Bicos para todos. RUFINA

Rufipregunta

Lembrade que o venres 27 remata a Rufipregunta. Ese será o último día que poidas depositar o teu folleto .

Un espazo para as familias e os profesores

O Ministerio de educación acaba de abrir unha páxina web con contidos, ideas e suxestións para o profesorado e para as familias. Desde a Reibonteca queremos convidarvos a navegar por leer.es unha interesante iniciativa que pretende fomentar a lectura . De interese especial este enlace que nos dá 10 ideas para crear lectores .

Felicitación

De Rufina para Paco con todo cariño... A nosa felicitación ao Colexio de Quintela que acaba de recibir o "Premio especial a las competencias lectoras" do Ministerio de Educación polo Blog da biblioteca. ¡¡¡Felicidades, unha aperta, e non deixedes de facer as cousas que facedes !!!.

Novidades na biblioteca

LAS VIDAS DE LOS GRANDES ARTISTAS . Charlie Ayres Sabes quen era Hans Holbein, Bernini, Durero, Velázquez, Artemisia Gentileschi? Pois se non o sabes neste libro vas atopar a resposta, coñecer por que pasaron á historia, cales son as súas obras e en que época viviron. Un libro de arte para todos. Nel poderás descubrir que Durero estaba fascinado polo mundo natural ou que Artemisia Gentileschi utilizaba enxeñosos xogos de espellos para poder facer autorretratos. Recomendado a partir dos 10 anos NACER . Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández Sabías que o cuco non fai niño senón que pon os seus ovos nos niños que fan outros paxaros? Esta e outras formas curiosas de nacer poderás coñecelas neste libro que che recomendamos a partir dos oito anos. Está cheo de ilustracións case fotográficas que che axudarán a entender mellor as formas máis curiosas de vir ao mundo que teñen os animais. Recomendado a partir dos 8 anos 24 POR SEGUNDO . Bjorn Sortland e Lars Elling 24