Ir al contenido principal

NOVIDADES NA BIBLIOTECA




Como xa vos dixemos en entradas anteriores, estamos poñendo ao día o catálogo e contamos con novos libros dentro do proxecto de Bibliotecas inclusivas, libros que están pensandos para que todo o mundo os poida ler, pero especialmente os nenos e nenas que non poden ler textos que unicamente teñen mensaxes alfabéticas. Estes libros teñen pictogramas, pensando en nenos con autismo, ou letra de tamaño grande para os que teñen dificultades de visión.

Son libros que poden ler TODOS E TODAS.

Tendes máis información no Boletín de novidades da Reibonteca que se distribuiu en todas as aulas e que podeden consultar na biblioteca.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Lectura en voz alta

O Mes dos libros chegou cunha novidade ao noso centro, o CERTAME DE LECTURA EN VOZ ALTA. Aquí podedes ver algunhas das cousas que fixeron e as súas opinións. Queda outra parte que publicaremos dentro duns días coa montaxe do acto dos máis pequenos.

Proxecto arte

Desde a biblioteca queremos propoñervos que descubrades artistas. Cada semana imos propoñervos un para que descubrades a súa obra.
Que vos parece se comezamos pola fotografía?
Joan Fontcuberta, un fotógrafo que explora os límites entre a verdade e amentira.