Ir al contenido principal

Museos virtuais

Xa que este ano vai de arte, queremos ofrecervos unhas visitas virtuais aos museos que o permiten.
Preme nas imaxes e poderás entrar.
Comezamos pola Galería dos Uffizi en Florencia, onde poderedes atopar todos os artistas máis importantes do Renacemento italiano.


Museo do Louvre en París. Manifestacións artísticas de medio mundo e desde a antigüidade exipcia ata Goya, pasando por moitos pintores  que abarcan centos de anos da arte.


Pinacoteca de Brera. Pintura italiana cláscia e contemporánea. Aquí podemos atopar, por exemplo obras de Modigliani.


O Museo del Prado contén valiosas mostras da pintura española, flamenca, italiana... Velázquez, Goya, Rubens, Tiziano, Fra Angelico, Rafael e tantos outros.

Na National Gallery of Art de Washington atopamos importantes artistas estadounidenses como Hopper, Rothki. Europeos como Miró, Kandinsky. Fotógrafos, escultores...


O último por hoxe será ORijksmuseum de Amsterdam onde podemos coñecer a obra de Vermeer, Rembrandt e outros artistas holandeses menos coñecidos. Tendes a posibilidade de baixar unha aplicación ao móbil para escoitar comentarios.


Google tamén nos permite acceder a múltiples contidos artísticos e culturais a través desta ligazón.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Lectura en voz alta

O Mes dos libros chegou cunha novidade ao noso centro, o CERTAME DE LECTURA EN VOZ ALTA. Aquí podedes ver algunhas das cousas que fixeron e as súas opinións. Queda outra parte que publicaremos dentro duns días coa montaxe do acto dos máis pequenos.

Proxecto arte

Desde a biblioteca queremos propoñervos que descubrades artistas. Cada semana imos propoñervos un para que descubrades a súa obra.
Que vos parece se comezamos pola fotografía?
Joan Fontcuberta, un fotógrafo que explora os límites entre a verdade e amentira.