Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2025

Talleres de Entroido na biblio

Imaxe
Esta semana de Entroido os recreos da biblioteca énchense de actividades! As máscaras de Rufina que fixemos hoxe foron todo un éxito! Cada máscara levou o seu propio toque creativo, cheo de cor e orixinalidade. O proceso foi moi divertido!

Arrincamos co Entroido!

Imaxe
Hoxe parece que ao alumnado de Reibón pegáronselle as sabas porque apareceu todo o mundo lucindo os seus mellores pixamas. Primeiro mandato da nosa mascota Rufina. Vaia ideas máis tolas que ten! Aquí deixámosvos os do resto da semana. A desfrutar!!!😍

30 de xaneiro, Día da non Violencia e da Paz

Imaxe
O pasado 30 de xaniero celebramos o DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ  como noutras festividades dende a biblioteca fixemos unha selección de libros e contos para que toda a comunidade educativa puidera desfrutalos, e ademáis, realizamos todo o cole un acto para conmemorar este día cun mural cheo de flores feito por tódolos nenos e nenas do cole e  despois rematamos cun baile de Mamá Cabra "Baile da paz" 🎵🎶🎵🎶

Unha semana especial no club de lectura

Imaxe
  Esta semana foi moi especial no club de lectura, tivemos a oportunidade de compartila coas alumnas e alumnos de 3º e 4º de primaria, foi unha experiencia chea de entusiasmo e  imaxinación!!   Os nenos e nenas do club de lectura pásano en grande, disfrutan do espazo e se sumerxen dentro das historias.  "Le,  imaxina, soña ... e descobre novos mundos"