Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2006

Consellos para pais e nais

Os celos Os celos son unha manifestación normal pola que pasan os nenos-as que teñen irmáns, pois os rapaces loxicamente sempre queren ter a máxima atención do seus pais. Non son motivo de preocupación, pero sempre será mellor prevenir e axudar ao neno-a a asumir a chegada dun novo membro na familia, fomentando a autoestima e facéndoo partícipe de todo o relacionado co novo irmán ou irmá.
Aínda cos celos poden darse entre irmáns a calquera idade (en ocasións pode ser do irmán menor cara o maior polos privilexios que este pode ter) a idade máis conflitiva sole ser entre os tres e os seis anos.
Os síntomas máis evidentes poden ser moitos: Dolores de tripa, falta de apetito, insomnio, desobediencia, choros por calquera cousa, actitudes regresivas (volver a facerse pis na cama, falar de forma moi infantil...)

Consellos para superar os celos
É moi importante ante todo e como paso previo, falar co fillo-a, explicándolle que vai vir un novo neno e que hai que coidalo, pero sen agonialo coa respon…