CEIP Reibón (Moaña)

24/12/07

Rufina Presenta

Un libro para o Nadal
A Odisea contada aos nenos



por Rosa Navarro Durán,

con ilustracións de Francesc Rovira

Editorial Rodeira

Lluis Llach
Viatge a Itaca

A aventura máis extraordinaria de toda a historia
Ulises, rematada a guerra de Troia, emprende a súa viaxe a Ítaca

19/12/07

Feliz Nadal
A Dirección e o Claustro de Profesores do C.E.I.P. de Reibón desexanlles unhas felices festas e un venturoso e próspero ano 2008.
Ó mesmo tempo informamolles que as vacacións de Nadal abranguen dende o día 22 de Decembro ata o 7 de Xaneiro, ámbolos dous inclusive, polo tanto as clases reanudaranse o vindeiro 8 de Xaneiro (martes).

O director :
Emiliano Sotelo López

17/12/07

Seres "doutro mundo"

Igor Siwanowicz é un fotógrafo que adícase a facer fotos de insectos e outros animais dun xeito especial. Bótalle unha ollada

12/12/07

Rufina presenta


Pre-lectores

YO SIEMPRE TE QUERRÉ



Hans Wilhelm





Este libro é a historia de Elfi, o mellor can do mundo. E tamén da profunda amistade entre un neno e un can....





10/12/07

Xoguetes de Nadal

O Departamento de Orientación fainos unha serie de recomendacións a ter en conta a hora de escoller os

Xoguetes de nadal

Pincha na caixa




25/11/07

25 de novembro: Contra a violencia de xénero




Neste día no que se celebra o Día Internacional da Non violencia contra as mulleres, queremos reflexionar sobre iso. E un xeito de facelo é a través dos contos, que nos contan historias de cada día, nas que se emprega a violencia contra as mulleres dunha maneira cotiá, moitas veces sen nos decatar.
Gustaríanos non ter que celebrar un día coma este.
Gustaríanos que nenos e nenas se relacionasen sen que a diferenza de sexo marcara nada importante.
Gustaríanos que homes e mulleres falaran, falaran e falaran para resolver os seus desencontros, como lles obrigamos a facer na escola aos nenos e ás nenas.
Gustaríanos que cada quen soubese onde rematan os seus dereitos e onde comezan os da persoa que ten á súa beira.
Gustaríanos que ninguén usase a súa forza nin física, nin laboral, nin económica… contra as mulleres para conseguir os seus propósitos.
Gustaríanos que no vindeiro 25 de novembro homes e mulleres atopasen o entendemento e non ter que chorar máis vítimas.
Gustaríanos que os contos se fixesen realidade .

22/11/07

Rufina presenta


Antoloxía

El tesoro de Mick Inkpen

Un libro que recolle catro contos clásicos de Mick Inkpen.
Catro historias inxeniosas que fixeron as delicias de nenos e nenas de todo o mundo.
Un libro para ler unha e outra vez e gardalo como se fora un tesouro para sempre .

18/11/07

Rufina presenta




Primeiros lectores

Marisa Núñez: A cebra Camila
Ilustracións de Óscar VillánCol.
Demademora. Kalandraka Editora. Pontevedra, 1999


A pequena cebra Camila soñaba con deitarse na herba e que o vento lle levase o cueiro e os tirantes que a súa mai lle mandaba sempre poñer.Un día saíu da casa sen eles e un vento bandido levoulle moitas das súas listas. Triste, no camiño de volta á casa, os seus sete chorares conseguiron que lle desen: a serpe, un anel; o caracol, unha listiña de prata; o arco da vella, un remendo azul; a araña, unha arañeira de tule; a chicharra, unha corda do seu violín; a oca, un amalló do botín que lle mancaba.A súa última bágoa desapareceulle cando a mai, considerando que xa era maior, opinou que debía esquecer os tirantes e o cueiro, e regaloulle unha fita para a melena feita coas súas crinas.

15/11/07

Rufina presenta

Rufina presenta
(pre-lectores)

Un conto e un libro de ilustracións que nos transporta dende as chairas de África hasta os desertos australianos pasando polas selvas e os bosques...

24/10/07

Actuación do grupo de teatro Migallas

Hoxe, 24 de Outubro, día das bibliotecas tivo lugar a actuación do grupo teatral Migallas.




A obra representada foi :




Sinopse:
"Un avó especial" é un espectáculo destinado a público familiar no que se aborda o tema da enfermidade do Alzheimer co obxectivo de axudarlles ós rapaces a comprender situacións que moitos deles poden vivir no seu contorno familiar.
Malia a seriedade do tema que trata ten un enfoque humorístico que persegue fomentar actitudes optimistas para afrontar os problemas da enfermidade e amosar a importancia que teñen os/as nenos/as para que os maiores vivan momentos felices.
Á parte da enfermidade, tamén se trata o tema da relación entre os/as nenos/as e os/as vellos/as en xeral así como diferentes modos de educar os rapaces por parte dos membros da familia.
Así mesmo, os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural imposta pola publicidade e a sociedade de consumo.




A representación foi seguida moi atentamente polo alumnado do colexio

20/10/07

O Ourizo

Co seu ouro vello, mol,
o ourizo ouriceiro
toma o sol
no pico dun castiñeiro.


Tal un señor moi mandón:
o ourizón,
no pico dun castiñeiro
tomando o sol moi riseiro.


O ourizo está moi ledo
coa sua casa ben pechada
-¡ouh, qué medo!-
de espiñas toda cercada.


Quer botar unha risada
i os seus dentes arregaña
case un nada:
¡e xa fuxio a castaña...!


"os soños na gaiola"

Manuel María

7/10/07

Tempo de Outono

Está caendo a folla i en min nace primaveira

Quen entenderá este mar vello?
Como digo onte sendo hoxe?
Como farto a miña verba do nacer que xa pasou!
Como reino nas migallas onde medrei un bon día!
Como piso forte sendo branda?
Como digo si si o non está escoitando?
Quen entenderá este mar vello?
Medro, medro e non sei onde parar.
Presa xa e ceguiña no cume
lévame,
lévame ó chan a verba.

Queda hoxe o chan soio
muxindo a pegada do tempo.
Mesturadas terras peneiran, peneiran fariña,
fariña que non fai masa.
Rebélanse as ondas ós mares,
os ríos afogan a pradeira seca,
os camiños non se atopan.
Quen entenderá este mar vello?
É outono i en min nace primaveira.
Quen o entenderá?


MARIA MARIÑO
(1907 - 1967)

18/9/07

Saúdos

Este é o blog da biblioteca de Reibón. É decir, unha revista dixital que sairá mensualmente con consellos para pais e nais, , xogos, recomendacións de Rufina sobre libros, direccións de páxinas web interesantes e moitas máis cousas. Este mes temos entre outras cousas, unha carta de declaración de amor na que se mostra a importancia dunha boa puntuación, recomendacións de Rufina, a nosa mascota da biblioteca, sobre libros intersantes, algunhas webs para os máis cativos, xogos e pasatempos, e algunha recomendación para pais e nais. Se queres participar con calquera aportación so tes que poñerte en contacto cos encargados da biblioteca ou mandando un e-mail a:biblioteca-reibon@hotmail.com

29/1/07

Curiosidades del lenguaje escrito.

La carta de amor
¿Eres de los que crees que no es tan importante poner los signos ortográficos?
Pues fíjate en este ejemplo. Un joven sale con tres hermanas hasta que un día le exigen que se decida por una de ellas. El joven les entrega una carta en poesía pero les dice que no ha tenido tiempo para poner los punttos y las comas porque sale de viaje. Las hermanas leen la carta:

Juana Teresa y Leonor
puestas de acuerdo las tres
me piden diga cuál es
la que prefiere mi amor
Si obedecer es rigor
digo pues que amo a Teresa
no a Leonor cuya agudeza
compite consigo ufana
no aspira mi amor a Juana
que no es poca su belleza
Teresa lo vio claro, ella era la elegida. La puntuación obligada era:

Juana Teresa y Leonor
puestas de acuerdo las tres
me piden diga cuál es
la que prefiere mi amor.

Si obedecer es rigor,
digo, pues, que amo a Teresa.
No a Leonor cuya agudeza
compite consigo ufana.
No aspira mi amor a Juana
que no es poca su belleza

Pero entonces Leonor le contestó
que había mas signos además del punto y la coma
Tomó la carta y añadió estos signos:

Juana Teresa y Leonor
puestas de acuerdo las tres
me piden diga cuál es
la que prefiere mi amor.
Si obedecer es rigor,
¿digo pues que amo a Teresa?
No. A Leonor cuya agudeza
compite consigo ufana.
No aspira mi amor a Juana
que no es poca su belleza
Entonces Juana lo vio claro
ella era la elegida, cogió la carta y
añadió los signos:

Juana Teresa y Leonor
puestas de acuerdo las tres
me piden diga cuál es
la que prefiere mi amor.
Si obedecer es rigor
¿digo pues que amo a Teresa?
No. ¿A Leonor cuya agudeza
compite consigo ufana?
No. Aspira mi amor a Juana,
que no es poca su belleza.
Como no se ponían de acuerdo tuvieron que esperar al chico. Resultó ser un "frescales" pues
puntuó la carta de la siguiente manera:

Juana Teresa y Leonor
puestas de acuerdo las tres
me piden diga cuál es
la que prefiere mi amor.
Si obedecer es rigor,
¿Digo pues que amo a Teresa?
No. A ¿Leonor cuya agudeza
compite consigo ufana?
No. ¿Aspira mi amor a Juana?
¡Qué no! Es poca su belleza.
Y si aún así no te parece importante puntuar correctamente fíjate en este caso. Un dictador dictó una sentencia de muerte de un preso, pese a las súplicas de su ministro escribió:
Perdón imposible. Ejecuten la orden.
Pero el ministro se las arregló para cambiar los puntos:
Perdón. Imposible ejecuten la orden.
La diferencia salvó al preso.

O máis visto

Arquivo do blog

CEIP Reibón (Moaña)

Home PageNav Display

Ads

Related Posts Display

Item Post Navigation Display

Technology

Featured Posts

statistics

Blogs interesantes

Subscribe

Blog da Reibonteca

Navigation-Menus (Do Not Edit Here!)

Ad Home

Search

Tab-menu

Random Posts

Author Info (Documentation Required)

Recent Posts

Header Ads

Etiquetas

Quen somos?

Mi foto
Colexio de educación infantil E primaria. Meira-Moaña. Pontevedra Telf. 986.311.885

Category

Seguidores

Redes sociais

Voz Natura

Bibliotecas escolares de Galicia

Bibliotecas escolares de Galicia
Blog

Advertising

Advertising

Labels Cloud

etiquetas

Slider (Add Label Name Here!) (Documentation Required)

Blogger templates

Contact us

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Blogger templates

Facebook

BTemplates.com

Pages - Menu

Pages - Menu

Popular Posts

Popular

Copyright © REIBONTECA | Powered by Blogger

Design by ThemePacific | Blogger Theme by NewBloggerThemes.com