Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2008

En Nadal, tamén libros

Pica na foto e Papá Noel levarate ao país dos libros, onde atoparás as máis alucinantes aventuras, pasarás os máis terribles medos, terás os máis prácidos soños, imaxinarás, pensarás e mesmo poderás chorar... Tamén pode que escaches coa risa. Porque os libros son todo iso e moito máis que non se pode contar.

Atrévete a descubrilos por ti!!

Ler

Leer es la mejor forma de pasar el tiempo
Es mejor leer que bucear
Es mejor leer que trabajar
Es mejor estar una hora leyendo que mil leyendo
Es mejor leer las cartas de Pasapalabra que mil y una veces decir abracadabra

Es mejor estar una hora leyendo que mil leyendo
Es mejor leer las cartas de Pasapalabra que mil y una veces decir abracadabra

A ves que leer es más divertido
Que si fueras famoso
No pasar inadvertido.


Alba 3ºA
SEMANA DO LIBRO INFANTIL DE MOAÑA
O vindeiro domingo, día 9 de novembro, as 12.30 vaise inaugurar a Semana do libro infantil, na biblioteca municipal, cunha actuación do grupo Migallas.A semana do libro infantil desenvolverá diversas actividades de interese para pais e nenos ata o día 18 na Casa da Cultura de Quintela.
Haberá exposición de libros, obradoiros de monicreques, talleres de escritura e contacontos. Dado o interese que ten para todos, desde o colexio convidámosvos a participar.

O SAMAÍN

Contrariamente ao que moitos pensan, a festa do SAMAÍN, máis coñecida polo nome estadounidense de Halloween, naceu en Europa e foi levada a América polos emigrantes irlandeses nos séculos XIX e XX. Esta festa celebrábase tamén en Galicia colocando nas encrucilladas dos camiños cabazas con velas acendidas no seu interior. Este costume extendeuse por Europa a medida que os celtas ían chegando a novas terras. Para eles o Samaín era o inicio da estación invernal e o comezo dun ano novo. A palabra procede da unión de SAM- (que significa verán) e FUIN (que significa final)
Ese día, a porta do outro mundo abríase e éralles permitido aos mortos camiñar por este mundo. Para afastar dos castros as ánimas, colocaban as caveiras iluminadas dos inimigos mortos nas batallas. De aí pasou a que posteriormente se colocasen cabazas con candeas no interior.
No ano 609, o papa Bonifacio IV instaurou a festa de todos os santos o 1 de novembro e arredor do ano 1000 decidiuse celebrar o 2 de novembro a festa …

Prehistoria

Recreación feita polo alumnado

de 5º de Primaria




Curso 2008/09

O CEIP REIBÓN INFORMA
O xoves, día 11, empezarán as clases en Educación Infantil e Educación Primaria.
Os horarios serán como tódolos anos de 9.15 a 14.15
A partir do xoves, día 11, funcionarán tamén os servicios de transporte e comedor escolar.

Xubilación de Amparo, Chon e Emiliano

Acaban de xubilarse nestes días as profesoras Amparo e Chón e o director Emiliano no medio do aplauso e do cariño unánime de toda a comunidade escolar.


Foron días moi intensos e emotivos para eles e para todos nós.


O seu traballo e dedicación estará sempre presente en varias xeneracións de moañeses e moañesas.


Desexamos que sexan absolutamente felices.

Tamén se nos foron varias profes, entre elas Maribel, que levaba toda a vida en Reibón.
Sorte... e moitos bikos para todas.





Catro anos en Reibón

catro anos non son nada

pero unha vida enteira

iso si que é "Reibonada"...
(Popular)

A Xunqueira nº47

Música, Mestre!

título do nº 47

da revista escolar

A Xunqueira




A revista ábrese cun poema de Xosé Mª Álvarez Blázquez e a partir de ahí a música flue por tódalas páxinas...

Actuación do grupo de titeres

Ocelot de El Salvador coa obra

"El huevo perdido"




Un paseo por Moaña

Letras galegas 2008

Xosé María Álvarez Blázquez

Este ano, a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas a Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 5/02/1915 - Vigo, 2/03/1985), escritor, arqueólogo, investigador e editor galeguista.
Como recolle a Real Academia Galega, "foi o exemplo perfecto do que antes se chamaba un polígrafo", que cultivou "a historia xeral e local, a arqueoloxía e a literatura".
Álvarez Blázquez contribuíu á conformación do canon literario galego, nas súas dúas facetas de divulgador e de descubridor de textos, e foi editor literario: fundou a Editorial Monterrey e Edicións Castrelos.




Vida e obra

Actividades por cursos

QUE DOADO É DEBUXAR!!

Hoxe xoves tivemos o obradoiro de ilustración para os nenos e nenas de primeiro. o ilustrador suizo Marc Taeger díxonos que debuxar é moi fácil se o intentas, que non precisas que ninguén che ensine e para demostralo, púxose mans á obra.


Un cacho de cartón ou cartolina, unhas ceras, facer un debuxo a recortar para facer unha enorme selva. Saiunos unha selva sorprendente, chea de avións que a sobrevoaban, e mesmo algunha casiña edificada ilegalmente. O resultado foi este maremagnum de formas e cores que vedes aquí.


Divididos en dous grupos, os 70 debuxantes adicaron hora e media ao esforzado traballo de imaxinar que podían poñer nesa xungla.




Antes de marchar, Marc Taeger deixounos este bonito recordo no Libro de visitas da biblioteca para todo o alumnado do colexio.

Obradoiro de ilustración

Estamos preparándonos para recibir este xoves ao ilustrador Marc Taeger, gañador do Premio Daniel Gil de deseño e mención polas ilustracións do libro "A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella".

Este ilustrador ilustrou tamén "Aquiles o puntiño", un libro da autora Guia Risari e ten moitas máis cousas coas que seguro que nos vai sorprender.

PARTICIPA NO CONCURSO DA BIBLIOTECA

Rufina preparou un concurso para todos os rufisoci@s da biblioteca do colexio. Anímaste?

Que teño que facer?
Desde o día 21 de abril, podes recoller a túa tarxeta coas preguntas que debes responder.

Vou ter axuda?
Na tarxeta terás algunhas pistas. De seguires esas pistas correctamente, acertar será moi doado.

Abril, mes do libro

RECITAIS POÉTICOS, OBRADOIROS E TERTULIAS LITERARIAS : DARÍO XOHÁN CABANA, YOLANDA CASTAÑO, ANTÍA OTERO, MARÍA LADO, AN ALFAYA, YASUNARI KAWABATA, MONA IMAI ....




Con motivo da celebración do Día Internacional da Poesía, o 21 de marzo, o Día do Libro infantil, o 2 de abril, e o Día do Libro, o 23 de abril, programamos as seguintes actividades:




Día 28 de marzo: Recital poético de Darío Xohán Cabana na biblioteca municipal a partir das 11:30 da mañá. Esta actividade está dirixida a escolares do concello de Moaña




Día 28 de marzo: Recital poético a cargo de Yolanda Castaño, na Casa da Mocidade, a partir das 20:00 horas. Entrada libre




Día 2 de abril: Día do Libro Infantil e Xuvenil: recital poético colectivo de Antía Otero e Yolanda Castaño, na bibllioteca de Moaña, a partir das 11:30 h. Actividade dirixida a escolares




O día 11 de abril: Tertulia Literaria Xuvenil. Libro: A sombra descalza (Edicións Xerais de Galicia). Autora invitada: An Alfaya. Casa da Mocidade a partir d…

PARA ESTAS VACACIÓNS, RUFINA RECOMENDA...

KAFKA Y LA MUÑECA VIAJERA
Jordi Sierra i Fabra

Imaxina que un día, camiñando por un parque atopas unha nena que chora desconsoladamente e cando lle preguntes que lle pasa, contéstache que perdeu a súa boneca. Ti non sabes que dicirlle para consolala e sen pensalo dislle que non se perdeu, que se marchou de viaxe. Pero como non podes consolala, non tes mellor idea que dicirlle que ti,en realidade, es un carteiro de bonecas e que tes unha carta na túa casa que non sabías para quen era, pero que agora sabes que era para ela. E a partir de aí cada día recibirá unha carta.

Recomendado para lectores expertos

ASÍ COMEZOU TODO
Jurg Schubiger


Todo comezou cando o grande paxaro abriu a porta que daba á nada. Se sentes curiosidade por saber como xurdiu todo, as historias sobre como se creou o ceo, a terra, a lúa, os animais... por que o demo é malo ou por que os leóns comen carne, este é o libro que debes ler.


Recomendado para lectores expertos


MINIMALADAS
Carlos López

"Este era un insecto pau que s…

Vacacións

Vacacións Samana Santa


Informamos a todos os pais e nais dos nenos e nenas do C.E.I.P. de Reibón que as vacacións de Semana Santa abranguen dende o día 15 de Marzo ata o 24 de Marzo inclusive.
Polo tanto as actividades lectivas reanudaranse o martes día 25 de Marzo.
Reciban un saúdo cordial
Moaña, 14 de Marzo de 2008
A Dirección

Axudas ordenadores

Nova convocatoria de axudas

para mercar ordenadores

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca novas axudas para a adquisición dun ordenador persoal, portátil ou de sobremesa.
Todas aquelas familias interesadas deben pasar pola secretaría do centro para recibir a información pertinente.

Prazo de presentación de 11 de marzo a 11 de abril

Convocatoria e impresos en :
https://www.edu.xunta.es/axudasord/

ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS PARA 1º E 2º

EL JARDÍN SUBTERRÁNEO -Cho Sunkyung O señor Moss decide plantar un xardín na estación do metro que limpa, o día que se decata de que cheira mal. Fóra, a xente verá aparecer por unha boca de ventilación as pólas e as follas das plantas.


A AVENTURA SORPRENDENTE DUN HOMIÑO MOI VALENTE - Hans TraxlerUn homiño, un verán atopa unha esponxa a man, pero el non se imaxinaba o que ía suceder, a cantidade innumerable de aventuras que ía correr e a cantidade de terras que descubrirá no seu percorrido. A viaxe acaba de forma sorprendente nun lugar moi, moi alto.


NADARÍN - Leo Lionni Nadarín é distinto do resto dos peixes. Todos viven atemorizados polo gran peixe que vai dun lado a outro do mar. Cando pensa que é o único que consegue sobrevivir, descubre outros peixes idénticos a el. Nadarín conseguirá unilos para que xuntos fagan fronte ao seu inimigo e así sobrevivir.



365 PINGÜINOS - Jean-Luc Fromental e Joëlle Jolivet

O día 1 de xaneiro, ás 9 de mañá petan na porta e deixan un paquete. Isto volverá a…