Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2008
Abril, mes do libro

RECITAIS POÉTICOS, OBRADOIROS E TERTULIAS LITERARIAS : DARÍO XOHÁN CABANA, YOLANDA CASTAÑO, ANTÍA OTERO, MARÍA LADO, AN ALFAYA, YASUNARI KAWABATA, MONA IMAI ....




Con motivo da celebración do Día Internacional da Poesía, o 21 de marzo, o Día do Libro infantil, o 2 de abril, e o Día do Libro, o 23 de abril, programamos as seguintes actividades:




Día 28 de marzo: Recital poético de Darío Xohán Cabana na biblioteca municipal a partir das 11:30 da mañá. Esta actividade está dirixida a escolares do concello de Moaña




Día 28 de marzo: Recital poético a cargo de Yolanda Castaño, na Casa da Mocidade, a partir das 20:00 horas. Entrada libre




Día 2 de abril: Día do Libro Infantil e Xuvenil: recital poético colectivo de Antía Otero e Yolanda Castaño, na bibllioteca de Moaña, a partir das 11:30 h. Actividade dirixida a escolares




O día 11 de abril: Tertulia Literaria Xuvenil. Libro: A sombra descalza (Edicións Xerais de Galicia). Autora invitada: An Alfaya. Casa da Mocidade a partir d…

PARA ESTAS VACACIÓNS, RUFINA RECOMENDA...

KAFKA Y LA MUÑECA VIAJERA
Jordi Sierra i Fabra

Imaxina que un día, camiñando por un parque atopas unha nena que chora desconsoladamente e cando lle preguntes que lle pasa, contéstache que perdeu a súa boneca. Ti non sabes que dicirlle para consolala e sen pensalo dislle que non se perdeu, que se marchou de viaxe. Pero como non podes consolala, non tes mellor idea que dicirlle que ti,en realidade, es un carteiro de bonecas e que tes unha carta na túa casa que non sabías para quen era, pero que agora sabes que era para ela. E a partir de aí cada día recibirá unha carta.

Recomendado para lectores expertos

ASÍ COMEZOU TODO
Jurg Schubiger


Todo comezou cando o grande paxaro abriu a porta que daba á nada. Se sentes curiosidade por saber como xurdiu todo, as historias sobre como se creou o ceo, a terra, a lúa, os animais... por que o demo é malo ou por que os leóns comen carne, este é o libro que debes ler.


Recomendado para lectores expertos


MINIMALADAS
Carlos López

"Este era un insecto pau que s…

Vacacións

Vacacións Samana Santa


Informamos a todos os pais e nais dos nenos e nenas do C.E.I.P. de Reibón que as vacacións de Semana Santa abranguen dende o día 15 de Marzo ata o 24 de Marzo inclusive.
Polo tanto as actividades lectivas reanudaranse o martes día 25 de Marzo.
Reciban un saúdo cordial
Moaña, 14 de Marzo de 2008
A Dirección

Axudas ordenadores

Nova convocatoria de axudas

para mercar ordenadores

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca novas axudas para a adquisición dun ordenador persoal, portátil ou de sobremesa.
Todas aquelas familias interesadas deben pasar pola secretaría do centro para recibir a información pertinente.

Prazo de presentación de 11 de marzo a 11 de abril

Convocatoria e impresos en :
https://www.edu.xunta.es/axudasord/

ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS PARA 1º E 2º

EL JARDÍN SUBTERRÁNEO -Cho Sunkyung O señor Moss decide plantar un xardín na estación do metro que limpa, o día que se decata de que cheira mal. Fóra, a xente verá aparecer por unha boca de ventilación as pólas e as follas das plantas.


A AVENTURA SORPRENDENTE DUN HOMIÑO MOI VALENTE - Hans TraxlerUn homiño, un verán atopa unha esponxa a man, pero el non se imaxinaba o que ía suceder, a cantidade innumerable de aventuras que ía correr e a cantidade de terras que descubrirá no seu percorrido. A viaxe acaba de forma sorprendente nun lugar moi, moi alto.


NADARÍN - Leo Lionni Nadarín é distinto do resto dos peixes. Todos viven atemorizados polo gran peixe que vai dun lado a outro do mar. Cando pensa que é o único que consegue sobrevivir, descubre outros peixes idénticos a el. Nadarín conseguirá unilos para que xuntos fagan fronte ao seu inimigo e así sobrevivir.



365 PINGÜINOS - Jean-Luc Fromental e Joëlle Jolivet

O día 1 de xaneiro, ás 9 de mañá petan na porta e deixan un paquete. Isto volverá a…