Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2008

QUE DOADO É DEBUXAR!!

Hoxe xoves tivemos o obradoiro de ilustración para os nenos e nenas de primeiro. o ilustrador suizo Marc Taeger díxonos que debuxar é moi fácil se o intentas, que non precisas que ninguén che ensine e para demostralo, púxose mans á obra.


Un cacho de cartón ou cartolina, unhas ceras, facer un debuxo a recortar para facer unha enorme selva. Saiunos unha selva sorprendente, chea de avións que a sobrevoaban, e mesmo algunha casiña edificada ilegalmente. O resultado foi este maremagnum de formas e cores que vedes aquí.


Divididos en dous grupos, os 70 debuxantes adicaron hora e media ao esforzado traballo de imaxinar que podían poñer nesa xungla.




Antes de marchar, Marc Taeger deixounos este bonito recordo no Libro de visitas da biblioteca para todo o alumnado do colexio.

Obradoiro de ilustración

Estamos preparándonos para recibir este xoves ao ilustrador Marc Taeger, gañador do Premio Daniel Gil de deseño e mención polas ilustracións do libro "A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella".

Este ilustrador ilustrou tamén "Aquiles o puntiño", un libro da autora Guia Risari e ten moitas máis cousas coas que seguro que nos vai sorprender.

PARTICIPA NO CONCURSO DA BIBLIOTECA

Rufina preparou un concurso para todos os rufisoci@s da biblioteca do colexio. Anímaste?

Que teño que facer?
Desde o día 21 de abril, podes recoller a túa tarxeta coas preguntas que debes responder.

Vou ter axuda?
Na tarxeta terás algunhas pistas. De seguires esas pistas correctamente, acertar será moi doado.