Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2008

Xubilación de Amparo, Chon e Emiliano

Acaban de xubilarse nestes días as profesoras Amparo e Chón e o director Emiliano no medio do aplauso e do cariño unánime de toda a comunidade escolar.


Foron días moi intensos e emotivos para eles e para todos nós.


O seu traballo e dedicación estará sempre presente en varias xeneracións de moañeses e moañesas.


Desexamos que sexan absolutamente felices.

Tamén se nos foron varias profes, entre elas Maribel, que levaba toda a vida en Reibón.
Sorte... e moitos bikos para todas.





Catro anos en Reibón

catro anos non son nada

pero unha vida enteira

iso si que é "Reibonada"...
(Popular)