Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2008

O SAMAÍN

Contrariamente ao que moitos pensan, a festa do SAMAÍN, máis coñecida polo nome estadounidense de Halloween, naceu en Europa e foi levada a América polos emigrantes irlandeses nos séculos XIX e XX. Esta festa celebrábase tamén en Galicia colocando nas encrucilladas dos camiños cabazas con velas acendidas no seu interior. Este costume extendeuse por Europa a medida que os celtas ían chegando a novas terras. Para eles o Samaín era o inicio da estación invernal e o comezo dun ano novo. A palabra procede da unión de SAM- (que significa verán) e FUIN (que significa final)
Ese día, a porta do outro mundo abríase e éralles permitido aos mortos camiñar por este mundo. Para afastar dos castros as ánimas, colocaban as caveiras iluminadas dos inimigos mortos nas batallas. De aí pasou a que posteriormente se colocasen cabazas con candeas no interior.
No ano 609, o papa Bonifacio IV instaurou a festa de todos os santos o 1 de novembro e arredor do ano 1000 decidiuse celebrar o 2 de novembro a festa …

Prehistoria

Recreación feita polo alumnado

de 5º de Primaria