CEIP Reibón (Moaña)

27/3/08

ABCD...

Abril, mes do libro


RECITAIS POÉTICOS, OBRADOIROS E TERTULIAS LITERARIAS : DARÍO XOHÁN CABANA, YOLANDA CASTAÑO, ANTÍA OTERO, MARÍA LADO, AN ALFAYA, YASUNARI KAWABATA, MONA IMAI ....





Con motivo da celebración do Día Internacional da Poesía, o 21 de marzo, o Día do Libro infantil, o 2 de abril, e o Día do Libro, o 23 de abril, programamos as seguintes actividades:





Día 28 de marzo: Recital poético de Darío Xohán Cabana na biblioteca municipal a partir das 11:30 da mañá. Esta actividade está dirixida a escolares do concello de Moaña





Día 28 de marzo: Recital poético a cargo de Yolanda Castaño, na Casa da Mocidade, a partir das 20:00 horas. Entrada libre





Día 2 de abril: Día do Libro Infantil e Xuvenil: recital poético colectivo de Antía Otero e Yolanda Castaño, na bibllioteca de Moaña, a partir das 11:30 h. Actividade dirixida a escolares





O día 11 de abril: Tertulia Literaria Xuvenil. Libro: A sombra descalza (Edicións Xerais de Galicia). Autora invitada: An Alfaya. Casa da Mocidade a partir das 18:00 horas. Entrada libre. Organiza: Lonxa Literaria





O día 18 de abril: Tertulia Literaria: Libro : A casa das belas adormentadas (Rinoceronte Editora). Autor: Yasunari Kawabata. Autor invitado: Mona Imai (tradutora). Casa de Cultura de Abelendo a partir das 21:00 horas. Entrada libre. Organiza: Lonxa Literaria





A partir do 20 de abril : Obradoiro de creación literaria impartido por María Lado (4 horas). Lugar: Biblioteca municipal de Moaña.. Teléfono inscrición: 986 314250





25 de abril Coloquio obradoiro literario na Biblioteca municipal de Domaio (2 horas). A partir das 18:00 horas. Entrada libre. Teléfono información 986 326041




13/3/08

PARA ESTAS VACACIÓNS, RUFINA RECOMENDA...

KAFKA Y LA MUÑECA VIAJERA
Jordi Sierra i Fabra


Imaxina que un día, camiñando por un parque atopas unha nena que chora desconsoladamente e cando lle preguntes que lle pasa, contéstache que perdeu a súa boneca. Ti non sabes que dicirlle para consolala e sen pensalo dislle que non se perdeu, que se marchou de viaxe. Pero como non podes consolala, non tes mellor idea que dicirlle que ti,en realidade, es un carteiro de bonecas e que tes unha carta na túa casa que non sabías para quen era, pero que agora sabes que era para ela. E a partir de aí cada día recibirá unha carta.

Recomendado para lectores expertos

ASÍ COMEZOU TODO
Jurg Schubiger



Todo comezou cando o grande paxaro abriu a porta que daba á nada. Se sentes curiosidade por saber como xurdiu todo, as historias sobre como se creou o ceo, a terra, a lúa, os animais... por que o demo é malo ou por que os leóns comen carne, este é o libro que debes ler.


Recomendado para lectores expertos


MINIMALADAS
Carlos López

"Este era un insecto pau que se camuflou entre as pólas dunha árbore, coma unha poliña máis. E un día ao insecto pau saiulle unha folla."


"Este era un crocodilo que non sabía o que quería ser de maior, pero si sabía o que non quería ser de maior: non quería ser uns zapatos, nin un bolso, nin un cinto."

Sesenta (mini) historias protagonizadas por animais.

Recomendado para lectores apurados e co tempo contado


O NENO DO PIXAMA A RAIAS
John Boyne


Por expreso desexo do autor, non podemos contarche de que vai o libro porque se decides lelo, vaste atopar cunha historia emocionada, emocionante e inxenua. Atrévete a coñecer a Bruno e o seu amigo. Viaxa no tempo para coñecer unha época que marcaría a vida de moitos millóns de persoas.
Rufina recomenda que este libro o lean tamén os pais e as nais.

Recomendado para lectores expertos e tamén para pais e nais



KONRAD O EL NIÑO QUE SALIO DE UNA LATA DE CONSERVAS
Christine Nostlinger


A señora Bartolotti vive soa, fai canto lle prace sen darlle contas a ninguén. Pero un día recibe un paquete, cando o abre atópas ecunha gran sorpresa, no seu interior hai un neno. Polo que pon a etiqueta, chámase Konrad. A partir de aí a señora Bartolotti comeza a atoparse con problemas que descoñecía e que non sabe como resolver. Konrad vivirá unha gran cantidade de situacións disparatadas.

Recomendado a partir de 9 anos




29 HISTORIAS DISPARATADAS

Ursula Wolfel


Unha familia que discutiu e discutiu ata que quedaron conxelados no medio do parque, un levantador de pesas que levita e 27 historias máis cheas de humor.

"Un pai enfadábase moitas veces co seu fillo porque pensaba que era moi medoñento.
Dábanlle medo os cans soltos... tiña medo cando se lle apagaba a luz. Ter un fillo así berraba o pai- é para subir polas paredes.
Cheo de carraxe subiu pola parede. Pero cando chegou ao teito viu unha araña, asustouse e caeu."

Recomendado a partir de 9 anos e para todas as persoas con sentido do humor


TARZAN DE GOMA
Ol
e Lund Kirkegaard


O seu nome é Iván Olsen, é un neno máis ben pequeno, fraco e non especialmente guapo. Na escola, todos os rapaces se meten con el, péganlle, bótanlle auga nos pantalóns e encérrano no váter. Por riba, aínda lle chaman Tarzán de goma. Seu pai dille que un ten que saber defenderse.

Recomendado a partir de 9 anos




A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA
Werner Holzwarth e Wolf Erlbruch


A toupiña quería saber quen lle botara aquilo sobre a cabeza. Pregúntalle a cada animal que atopa se foi el. Move unha tira e poderás ver como o fan
a cabuxa, a vaca, o porco e... Ata que por fin descubre quen foi que lle fixo aquilo sobre a cabeza.

Recomendado a partir de 5 anos e para que os papás llo lean aos máis pequenos



OH!
Josse Goffin


Un libro de imaxes encadeadas
de obxectos comúns, un libro para ver e para provocar a sorpresa, para xogar co que se ve e co que se oculta de cada imaxe. Imaxes sinxelas e planas para que os máis pequenos poidan ollalas sen dificultade.


A partir de 3 anos


Vacacións

Vacacións Samana Santa



Informamos a todos os pais e nais dos nenos e nenas do C.E.I.P. de Reibón que as vacacións de Semana Santa abranguen dende o día 15 de Marzo ata o 24 de Marzo inclusive.


Polo tanto as actividades lectivas reanudaranse o martes día 25 de Marzo.


Reciban un saúdo cordial


Moaña, 14 de Marzo de 2008


A Dirección

7/3/08

Axudas ordenadores

Nova convocatoria de axudas


para mercar ordenadores

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca novas axudas para a adquisición dun ordenador persoal, portátil ou de sobremesa.
Todas aquelas familias interesadas deben pasar pola secretaría do centro para recibir a información pertinente.


Prazo de presentación de 11 de marzo a 11 de abril


Convocatoria e impresos en :
https://www.edu.xunta.es/axudasord/

3/3/08

ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS PARA 1º E 2º

EL JARDÍN SUBTERRÁNEO - Cho Sunkyung

O señor Moss decide plantar un xardín na estación do metro que limpa, o día que se decata de que cheira mal. Fóra, a xente verá aparecer por unha boca de ventilación as pólas e as follas das plantas.




A AVENTURA SORPRENDENTE DUN HOMIÑO MOI VALENTE - Hans Traxler

Un homiño, un verán atopa unha esponxa a man, pero el non se imaxinaba o que ía suceder, a cantidade innumerable de aventuras que ía correr e a cantidade de terras que descubrirá no seu percorrido. A viaxe acaba de forma sorprendente nun lugar moi, moi alto.




NADARÍN - Leo Lionni

Nadarín é distinto do resto dos peixes. Todos viven atemorizados polo gran peixe que vai dun lado a outro do mar. Cando pensa que é o único que consegue sobrevivir, descubre outros peixes idénticos a el. Nadarín conseguirá unilos para que xuntos fagan fronte ao seu inimigo e así sobrevivir.





365 PINGÜINOS - Jean-Luc Fromental e Joëlle Jolivet

O día 1 de xaneiro, ás 9 de mañá petan na porta e deixan un paquete. Isto volverá a repetirse durante moitos días, semanas e meses. Poñen a casa patas arriba para acoller tantas cousas como lles envían. ¿Quen poderá ser? Por qué? Finalmente todo se desvelará e saberemos o por qué de tantos paquetes estraños.

O máis visto

Arquivo do blog

CEIP Reibón (Moaña)

Home PageNav Display

Ads

Related Posts Display

Item Post Navigation Display

Technology

Featured Posts

statistics

Blogs interesantes

Subscribe

Blog da Reibonteca

Navigation-Menus (Do Not Edit Here!)

Ad Home

Search

Tab-menu

Random Posts

Author Info (Documentation Required)

Recent Posts

Header Ads

Etiquetas

Quen somos?

Mi foto
Colexio de educación infantil E primaria. Meira-Moaña. Pontevedra Telf. 986.311.885

Category

Seguidores

Redes sociais

Voz Natura

Bibliotecas escolares de Galicia

Bibliotecas escolares de Galicia
Blog

Advertising

Advertising

Labels Cloud

etiquetas

Slider (Add Label Name Here!) (Documentation Required)

Blogger templates

Contact us

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Blogger templates

Facebook

BTemplates.com

Pages - Menu

Pages - Menu

Popular Posts

Popular

Copyright © REIBONTECA | Powered by Blogger

Design by ThemePacific | Blogger Theme by NewBloggerThemes.com