Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2009

Admisión alumnado 2009/10

CALENDARIO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2009/2010 ● PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN . Do 1 ao 31 de marzo de 2009 ● PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN BAREMACIÓN (se procede) . Do 1 ao 20 de abril de 2009 ● RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS . 23 de abril de 2009 ● PRAZO DE RECLAMACIÓNS . do 24 ao 30 de abril de 2009 ● LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO admitido e non admitido . 7 de maio de 2009 ● FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA . Do 20 ao 30 de xuño de 2009 SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE ALUMNADO (DOG do 19 de marzo de 2007 e DOG do 4 de abril de 2007)

Entroido

NOTA INFORMATIVA Segundo o calendario escolar establecido pola Xunta de Galicia para o presente curso, O Entroido abranguerá os días 23,24 e 25 de febreiro, que serán días non lectivos. As clases reanudaranse o xoves día 26. Aproveitamos para recordar que o enterro da Xoubiña será o sábado día 28 .Este ano o percorrido será dende o muelle de Tirán ao Palco da Música. É importante conservar os disfraces para ese día. Un saúdo

Chegou o Entroido

Chegou o Entroido

Aviso urxente

Suspendida a actividade escolar A Dirección Xeral de Protección Civil informa, mediante un parte emitido ao efecto, que no día de mañá a Comunidade Autónoma verase afectada por un episodio de meteoroloxía adversa motivado por fortes ventos que cualifica de nivel laranxa (risco importante), circunstancia que aconsella a adopción de medidas urxentes para a protección da comunidade educativa.Diante de tal alarma, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acorda a suspensión de toda actividade escolar nos centros educativos de ensino non universitario de toda Galicia, durante toda a xornada lectiva do día de mañá, luns, 9 de febreiro.

A RUFIPREGUNTA

O vindeiro venres durante o recreo, celebraremos o sorteo para coñecer o gañador do Concurso que se organizou na biblioteca. Se depositaches o teu boleto no buzón. Se puxeches a resposta correcta, e non por chiripa. Se puxeches o teu nome no folleto ... E se estás o venres cando se extraia o folleto gañador... Poderás recoller o teu premio. Se non o conseguiches, non te desesperes porque haberá máis R UFIPREGUNTAS.

CADA MES UN POEMA

Se pasas pola biblioteca durante este mes, poderás conseguir o teu marcapáxinas cun poema. Ademais diso, recibirás un prospeto no que poderás coñecer contra que males está indicado e as contraindicacións. É unha campaña preventiva da nosa amiga RUFINA para que alimentes algo máis que o corpo.
MIS BRAZOS María Baranda PRESENTACIÓN: 8 versos repartidos en dúas estrofas ANTES DE LER: Coller un libro a gusto de cada un durante os meses de xaneiro e febreiro, preferiblemente alegre porque para grises xa temos os días do inverno. Non te preocupes porque durante todas as probas efectuadas non se detectaron alerxias nin hipersensibilidades a ningunha das palabras empregadas na fórmula orixinal. Recoméndase buscar nalgún dicionario a palabra PAPALOTE porque o seu uso pode ser tóxico se non se coñece o seu significado e se emprega en frases pouco apropiadas. COMO LER MIS BRAZOS: Pode lerse con calquera tempo, pero é especialmente recomendable nos días de vento, cando as árbores abanean coma tolas e tentan tocar o chan pregando o tronco. CONTRAINDICACIÓNS: Non se recomenda a lectura a nen@s con cu inquedo, sen paraxe ou un pouco tarabelos INTOXICACIÓN: Non se describiron en todos os estudos realizados episodios de intoxicación. CONSERVACIÓN: Esta folla consérv