Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2009

Gratuidade libros de texto

Nota enviada pola Consellería con data 26 de xuño

A Consellería de Educación informa aos centros educativos das novidades no
programa de libros de texto para o vindeiro curso escolar:


A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aportará 180 € por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros en centros públicos e concertados, que vai sustituír progresivamente ao mecanismo de préstamo vixente. O novo programa dotará ás familias de bolsas que cubrirán a compra en función do
nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos.
A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar –ou ata 6.000 €, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar –ou entre 6.000 e 9.000 € no caso das monoparentais-, a Consellería garante unha axuda aproximadamente da metade …

Na biblioteca tamén contamos noutros idiomas

Por casualidade, na exposición de libros noutras linguas que fixemos no mes de abril, descubrimos que Gabriele entendía o italiano. Despois enterámonos que a súa nai, Katy, era dese país e pedímoslle que viñese un día a contarnos algo na súa lingua. Afortunadamente aceptou e embarcou na súa aventura a Mónica, a nai de Anxo.
Vaia sorpresa! A biblioteca estaba que non se cabía, había rapaces detrás dos andeis, no recuncho dos ordenadores...
Resultaron ser unhas contadoras estupendas, a biblioteca encheuse de nenos e nenas, dos xestos e das voces dei tre orsi, e das risas que debuxaron nas nosas bocas.

Ollade, ollade!!


Os contos de Laura e Rebeca

Laura e Rebeca fixeron a súa contada con gran éxito, tanto que tiveron que repetilo na clase de quinto para que os seus compañeiros e compañeiras puidesen velas. Na biblioteca tiveron unha gran asistencia de público, especialmente de primeiro, segundo e terceiro. PAra que poidades velas en plena actuación, tendes este vídeo que grabamos coa colaboración de Lorena.Noraboa, rapazas.