Como xa sabedes, está rematando a exposición de banda deseñada e dentro de poucos días poderedes disfrutar dunha tranquila lectura na casa dos vosos cómics favoritos. Preparádevos para participar tamén na RUFIPREGUNTA e acadar o diploma de experto en BD. Pero xa temos en marcha outra exposición itinerante que comparten connosco os colexios de Quintela e Abelendo. É un lote de libros que teñen como tema outros países, outras culturas e outras terras. Estes libros forman parte do fondo da Fundación Germán Sánchez Rupérez . Están á vosa disposición nun apartado especial da biblioteca. Haberá contacontos, debuxo e máis actividades que seguramente vos han gustar.
CEIP Reibón (Moaña)