Xoguete feito con tapas de refrescos e arame realizado por persoas onde Médicos sen Fronteiras desenvolve o seu traballo. Este venres celebramos o Día da Paz cun acto no pavillón ao que asistiu todo o centro. Tamén estivo presente Amaia, unha representante de Médicos sen Fronteiras, a quen lle entregamos o total do diñeiro que o alumnado e outras persoas que quixeron colaborar fixestes chegar ao colexio. O total do recadado foron 2.800 €, que non está nada mal. Esperamos que un pouco de uns e un pouco de outros durante os próximos meses sirvan para mellorar as condicións de vida dos haitianos. Neste momento MSF está montando unha nova estructura sanitaria para atender mellor aos milleiros de feridos e enfermos en Haití. Despois diso cantamos as cancións que cada ciclo escolleu: Cantarela dos nenos, Rosalinda e No dudaría. Todas con letras relativas á paz, a unidade entre os seres humanos e a non violencia. Agora, a preparar o entroido, que xa o temos na porta.
CEIP Reibón (Moaña)