Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2010

Os nenos de infantil escribíronlle a Rufina

Recordades que hai un tempo os nenos e nenas da profesora Ana escribíronlle unha carta a Rufina? A pobre andaba cun pouco de catarro, como o inverno veu con tanta auga e a calefacción do colexio anda así, así (a caldeira está velliña), colleu un resfriado e non estaba para contestarlles.
Despois de recuperarse e ler a carta tan bonita que lle escribiron, foi á librería a buscar os contos de princesas que lles pediron e que a profe Natalia lles vai ler.

O outro día recibiron moi contentos a resposta de Rufina. Dicía que lle costara moito traballo atopar contos de princesas, pero que podían ver no paquete os que mercara.
Para despedirse, Rufina deixounos bicos grandes coma nubes e bicas doce coma o chocolate para todos.
Ao abrir o paquete había dous contos titulados "El pequeño rey de las flores" e "A princesa do Courel".
O malo foi que había tantos nervios que mesmo desapareceu un libro e non atopabamos por ningún lado, sorte que a profesora Asun díxonos onde o deixara…

Obradoiro de escrita

Desde o Equipo de bibliteca consideramos importante propiciar experiencias que impulsen ao alumnado a experimentar as técnicas que os escritores utilizan para escribir as súas historias. Haberá alguén que non descubriu a súa faceta oculta como escritor/a? Para atopala, realizamos un obradoiro de escrita co patrocinio de Kalandraka Editora e baixo a dirección de Warren, ex-alumno, músico, actor e quen sabe cantas cousas máis.


Este ano foi o alumnado de 5º o afortunado. A partir das cartas da baralla idearon unhas estupendas historias que agardamos publicar para que todo o mundo poida disfrutalas na biblioteca escolar e a través do blog da Reibonteca.
Aquí deixou Rufina unhas cantas fotos para que comprobedes o ambiente de traballo que había.

Carta de Médicos sen fronteiras

A delegada para Galicia, Asturias e León enviounos un correo electrónico na que fai constar o seu agradecemento pola aportación da comunidade escolar para a emerxencia de Haití.

Considero que a vosa implicación, constancia e esforzo para realizar a recollida de fondos e recaudar unha cantidade tan importante, así como o interese amosado pola organización e o seu labor pon de manifesto a gran calidade humana e sensibilidade de todos/as e cada un/unha de vós.
Gracias ao voso apoio poderán levarse a cabo importantes accións tanto en Haití como en calquera outra parte do mundo que o necesite, porque o fondo de emerxencias estará dotado economicamente.
María Díaz Martínez
Delegada de Médicos sen fronteiras
O agradecemento é o noso porque haxa persoas valentes, capaces de acudir onde sexa preciso para axudar aos demais.