Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2010

Venres poético

Amigos e amigas, estades todos convidados ao recital de poesía que van facer os alumnos de sexto o venres, día 30 de abril na biblioteca.

Non o perdades!!

FESTA DOS LIBROS

O pasado venres a biblioteca celebrou a Festa dos libros. Comezárona os de infantil cantándolles cumpreanos feliz.

Parabéns para ti nesta data querida moitas felicidades moitos anos de vida.
No recreo continuamos coa lectura dun conto a cargo de Maialen Riobó e Aitana Rodríguez e os poemas de Ana Galiana que nos fixeron disfrutar a todos. Non sabiamos que Ana escribía os seus propios poemas, pero foi un gustazo descubrila. Os de 5º e 6º estaban enfrontándose nun partido de fútbol e non asistiron.



Este mes adicaremos máis tempo á poesía e o venres comezaremos cun pequeno recital a cargo do alumnado de sexto ao que estades todos invitados.

Día do libro

"O libro é como a roda, unha vez inventado non se pode facer nada para melloralo"
Umberto Eco

Rufina recomenda:

Información moi importante para quen queira estar a última na lectura de libros (3.20 minutos extraordinarios)
na seguinte dirección:

http://www.leerestademoda.com/book.html


Mes dos libros

Estamos a celebrar o mes de abril o mes dos libros, o pasado día 2 foi o Día do libro infantil e o 23 será o Día do libro, con sesións de contacontos.
O pasado venres a contadora foi Luzmar Cordeiro que contou Nuestro Pelusa, e o próximo xoves, DÍA 16 DE ABRIL, serán Maialen e Aitana Rodríguez que nos deleitarán con outro conto. Xa vos anunciaremos o título. Todos os que queirades participar na sesións de contacontos non tendes máis que dicirllo a calquera dos profesores encargados da biblioteca.
LEMBRADE QUE, COMA SEMPRE, SERÁ DURANTE O RECREO.

NOVIDADES DE RUFINA

LIBROS PARA PEQUENOS CIENTÍFICOS.


































































































Respostas a infinidade de curiosidades. Continuación doutro libro que podedes consultar na sección 03 da nosa biblioteca.


















O rei nunca ten tempo, así que todas as noites, cando pasa pola porta do cuarto do seu fillo, lánzalle u bico e deséxalle boas noites. Pero unha noite o bico escapa pola fiestra e hai que buscar un cabaleiro que vaia tras del.





















Hai milleiros de anos, os maorís saíron de Polinesia en piragua para instalarse en Nova Zelanda. Moito máis tarde chegaron os colonos ingleses e a pesar de todo conservaron a súa cultura. Todos coñecemos a haka, unha danza ritual guereira que o equipo de rugby dos All Blacks realiza sempre antes dos seus partidos. (Se non viches nunca a haka, preme aquí).