Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2010

As lecturas para o verán

Desde a biblioteca facémosvos algunhas recomendacións de lectura para os días longos do verán. Atrevédesvos?




Rufinoticias

Estas son as novidades fresquiñas da nosa biblioteca. Libros para ler en solitario ou compartindo cos demais; libros divertidos, simpáticos, de risas, para pensar, para coñecer o mundo... Libros que quizais non poidas ler este curso, pero que poderás degustar en canto chegue o mes de setembro.



A voda do galo Pinto - Juan Alfonso Belmontes - Oqo

O galo Pinto estaba enamorado de Xiana. Para conseguir que lle faga caso, a vaca Galarda fai o papel de casamenteira. Despois as pitan poñen ovos para facer un gran pastel de vodas e Gallarda pon a nata, pero...
Para lectores a partir de 5 anos.







Ladrón de gallinas - Beatrice Rodriguez

Sen unha soa palabra, coñecerás a historia da galiña e un raposo que a persegue. Pero como sucede moitas, as cousas non son o que parecen.

Para lectores a partir dos 4 anos.






Tic tac - Pablo Díaz e MArc Taeger - Kalandraka

Todas as mañás, tic tac, o reloxo vai soar. Tic tac, témonos que levantar. E se chove poderemos ver como a choiva cae do ceo, cae que cae ao regato peq…

Rufina pide axuda

Rufina pide a axuda de todos, tamén dos profesores. O monstro das palabras andivo coma tola pola biblioteca papando todas as palabras que atopou nos poemas que Rufina nos ía regalar. Agora todos debemos axudarlle a recompoñelos.
Recolle as follas na árbore e complétaas. Despois deposítaas no buzón.



Unha árbore máxica

Na biblioteca temos unha árbore moi, moi especial. Porque unha árbore que non dá mazás, pera, noces, pexegos ou laranxas, senón que dá poesías, é unha árbore única. E temos a sorte de que nacese na Reibonteca e non en calquera outro lado.



O primeiro froito foi un poema de Uxío Novoneyra, pero algún día dará poemas de Xeila, de Ana ou de Daniela. Pode que polo mes de outubro floreza con poemas de Miguel Hernández.
Se queres probalas, non terás máis que prestar atención aos avisos que Rufina vai ir deixando polo colexio.



A única lei que ten esta nosa árbore é que, unha vez lidos, os poemas deberán ser regalados a unha persoa que non estea no noso colexio. Quizais algún día sexan froitos desas persoas os que nazan na nosa árbore.