CEIP Reibón (Moaña)

31/5/10

Poesías de 5º


Aquí tendes algunhas imaxes da lectura de poesía que os alumnos de quinto fixeron o pasado xoves. Algúns recitaron poemas de Uxío Novoneyra e outros as súas propias creacións, que van aparecer colgadas na árbore da biblioteca.







Pero non queremos deixarvos co mel nos labios e podedes ler un fragmento de un deles.


Xa estou moi cansa

e xa empezo a bostezar,

pero as ganas de verte

fanme espertar



26/5/10

Xoves ao ritmo das palabras

Despois do obradoiro de cómic desenvolvido por Kiko Dasilva ao longo da mañá de hoxe, mañá xoves teremos unha nova sesión poética ao ritmo das palabras co alumnado de quinto.
EMULANDO A UXÍO NOVONEYRA é a actividade que desenvolveron na súa clase e que o día 27 compartirán con todos durante o recreo.


24/5/10

Obradoiro de banda deseñada

Este mércores Kiko Dasilva estará no colexio para realizar un obradoiro de banda deseñada para o alumnado de sexto.
Ao longo de toda a mañá vainos contar como se comezou a escribir cómic, os segredos do debuxo, a creación dos guións etc.

Kiko é autor dunha gran cantidade de cómics, viñetas de prensa, director de revistas e fanzines, pero desenvolve o seu traballo a diario no periódico La voz de Galicia.


22/5/10

Webquest Novoneyra, poeta

Temos nos ordenadores da aula de informática unha webquest elaborada polo equipo de biblioteca. É a primeira vez que a facemos e supón unha proba para futuras experiencias.


Todos os que a queiran utilizar téñena á súa disposición nos ordenadores da aula de informática porque non tiñamos posibilidade de aloxala nunha web da escola. Esperamos que no futuro estes materiais estean á dispoisición pública de todos os que queiran utilizalos.


21/5/10

Recreo de conto

Seguimos cos Recreos de conto e estamos descubrindo algunhas contadoras estupendas. Este venres tocoulle a Aitana Rodríguez e a Laura Salgueiro. Contaron unha historia moi bonita titulada Todos los colores.




E Oli contounos as súas Once damas atrevidas.



O sol magnífico que había fixo que algúns dos que sempre están na hora do conto preferisen marchar ao patio, pero os fieles seguidores dos libros estiveron con nós.

O próximo xoves teremos unha nova sesión de Ao ritmo das palabras cos alumnos de quinto que emularon os poemas de Uxío Novoneyra. Animádevos a descubrir esta saga de novísimos poetas e poetisas.

O noso libro de visitas


O noso libro de visitas enriqueceuse co debuxo que Marc Taeger e Olalla González nos deixaron para que nos lembremos deles.
Rufina está moi contenta porque vai tendo cada día máis debuxos dos autores que visitan o noso colexio para que coñezamos cada día mellor como fan o seu traballo os artistas.

Contacontos

Outra das actividades planificadas para este curso era unha sesión de contacontos para infantil de 3 e 4 anos.

A persoa elixida foi Olalla González, autora de Chibos chibóns e de Garavanciño. Os días 12 e 13 de maio escoitamos na súa voz os libros que ela recopilou e algún outro que a ela lle gustaba especialmente.


Nesta ocasión estivo acompañada polo ilustrador deste último libro. Tivemos a sorte de que ademais de contarnos as súa fermosas historias, deixounos varios murais que adornan as nosas clases.



Noutra entrada veredes o recordo que nos deixou no libro de visitas da nosa biblioteca.

19/5/10

Obradoiro de ilustración

O alumnado de 2º de primaria participamos nun obradoiro co ilustrador suizo Marc Taeger. Na clase tiñamos visto o seu traballo en dous libros: A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella e Garavanciño, ademais de no libro-disco Tic Tac.

O primeiro sempre son as presentacións e falounos do seu país, con montañas nevadas pero onde non hai mar, e por iso a el lle gustaba tanto.

Despois contounos como ilustrara algúns dos seus libros. Ensinounos como fixera para ilustrar a Carapuchiña ou Garavanciño debuxando sobre cartóns, coloreando, recortando os debuxos e pegándoos para facer escenas.



Falounos de que en Tic Tac tallou os debuxos na madeira e como despois os gravou sobre o papel como se fai cando se pon un carimbo, un cuño sobre un papel. Díxonos que nós podiamos facelo con pataca e témpera. Alguén se atreve a probar?


E como os obradoiros son actividades nos que un ten que poñer a cabeza a traballar e as mans a pintar, pxémonos a montar unha escea mariña, pois este é o tema sobre que estivemos a traballar este ano. Ollade que maravillas fixemos.


14/5/10

Rodorín

Presentámosvos este conto do titiriteiro Rodorín, que hai tres anos estivo en Reibón contándonos esta e outras historias.
Vai especialmente adicado a unha alumna de sexto que nos contou a fábula "Y sonó la flauta por casualidad".

8/5/10

Obradoiro de ilustración para 2º






















Este mes dos libros, a cabalo entre o día do libro a do día das letras galegas, vén cunha chea de actividades para o alumnado de Reibón. Esta semana temos un obradoiro co ilustrador Marc Taeger, que vén ao noso colexio por segunda vez para estar co alumnado de 2º de primaria.

Entre os libros que ilustrou están "A verdadeira historia de carapuchiña Vermella", "Aquiles o puntiño", "Garavanciño" e "Tic-tac", que é o seu último traballo.

Utilizando caixas de cartón, cores e tesoiras construirán un gran mural, que xa que este ano están traballando o mar vai estar cheos de peixes e outros seres mariños.

5/5/10

Ao ritmo das palabras


Ao ritmo das palabras son os recitais de poesía que realizamos cos alumnos e alumnas dos diferentes cursos. O primeiro recital deste ano foi dos alumnos e alumnas de sexto que nos levaron a percorrer o universo da poesía desde a fábula e o romance ata Lorca, Machado ou Huidobro.

Poetas contemporáneos: Á esquerda recitado e representación plástica dun poema dialogado de Gloria Fuertes. Á dereita, un de Vicente Huidobro.


Á esquerda, encadenado de Antonio Machado e á dereita, dramatización da coñecida fábula "...Y sonó la flauta por casualidad"


Esta experiencia imos repetila durante a Semana das Letras Galegas co alumnado de 5º, que recitarán algúns poemas e recreacións de poemas de Uxío Novoneyra.

O máis visto

Arquivo do blog

CEIP Reibón (Moaña)

Home PageNav Display

Ads

Related Posts Display

Item Post Navigation Display

Technology

Featured Posts

statistics

Blogs interesantes

Subscribe

Blog da Reibonteca

Navigation-Menus (Do Not Edit Here!)

Ad Home

Search

Tab-menu

Random Posts

Author Info (Documentation Required)

Recent Posts

Header Ads

Etiquetas

Quen somos?

Mi foto
Colexio de educación infantil E primaria. Meira-Moaña. Pontevedra Telf. 986.311.885

Category

Seguidores

Redes sociais

Voz Natura

Bibliotecas escolares de Galicia

Bibliotecas escolares de Galicia
Blog

Advertising

Advertising

Labels Cloud

etiquetas

Slider (Add Label Name Here!) (Documentation Required)

Blogger templates

Contact us

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Blogger templates

Facebook

BTemplates.com

Pages - Menu

Pages - Menu

Popular Posts

Popular

Copyright © REIBONTECA | Powered by Blogger

Design by ThemePacific | Blogger Theme by NewBloggerThemes.com